![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
A SOGAMA non lle saen as contas. Consecuencia: A incineración vai subir un 26% a fatura do lixo aos fogares galegos |
![]() |
![]() |
![]() |
Para os membros da Comisión Promotora da ILP "PARA A APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA", o debate nunca foi a ubicación da incineradora, como pretendía facer o PP coa planta do Irixo: Foi o modelo. Un modelo, a incineración, defendido con mentiras polo PP contra toda lóxica, eficiencia e mesmo contra toda a lexislación de residuos galega, estatal e europea. Un modelo, SOGAMA, que incinera a metade dos refugallos urbanos e os transforma en gases e cinsas tóxicas, enviando a outra metade ao vertedoiro de lixo máis grande de Europa, a verdadeira "caixa B" da política de residuos da Xunta. Un modelo ilegal, insustentábel ambientalmente e ruinoso economicamente, concebido a maior groria de GN-Fenosa e que supón un lastre para as maltreitas economías dos concellos galegos Agora, a crise económica e as contraditorias políticas do PP cos residuos e co sector enerxético evidencia novamente o insustentábel dun modelo, o de SOGAMA, que espreme os petos dos cidadás aos que engana facendo pasar pasar por reciclaxe e "valorización enerxética" un proceso, a incineración, que simplesmente equivale a un vertido, e é responsábel de manter o vertedoiro incontrolado de lixo máis grande de Europa en Cerceda. A estratexia de fixar un prezo político para o tratamento do lixo, continuamente incrementado nestes anos, para poder competir artificialmente cos sistemas alternativos baseados na compostaxe, abanea agora debido á crise e aos decretos do "governo amigo" de Madrid. Mais a reacción da Xunta/SOGAMA non vai ser, como sería o sensato (e obrigan as leis e directivas de residuos) mudar un modelo ruinoso que non funciona. Optarán, para cadrar as contas, por incrementar a fatura do lixo e seguir espremendo os petos dos cidadás. E quen se beneficia deste filibusterismo cos nosos refugallos? Pois a outra "parte contratante" de SOGAMA, GN-Fenosa (49% das accións) que vaille vender máis caro o gas que precisa SOGAMA para secar o lixo antes de queimalo. Negocio redondo: GN-Fenosa mantén o seu beneficio a base de trasladar os custos e as perdas á cidadanía. Non nos estrana que as eléctricas acaben sendo o retiro dourado de ex-presidentes e ex-ministros xa amortizados.
|