![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Día Mundial dos Humidais: Os humidais coidan da auga e en ADEGA coidamos das charcas |
![]() |
![]() |
![]() |
Os pequenos humidais ou charcas ofrécennos numerosos beneficios ecosistémicos xa que albergan importantes poboacións de algas e plantas. Especies raras ou ameazadas de anfibios, odonatos, etc. precisan deste medio para completar o seu ciclo vital. As charcas tamén funcionan como corredores biolóxicos que incrementan a conectividade entre hábitats. Moitas delas constitúen elementos patrimoniais singulares que abundan na xeografía galega. Alén disto, estes pequenos ecosistemas tamén funcionan sendo reservorios de auga doce, captadores de CO2 ou sistemas de depuración natural. Do mesmo xeito, os humidais de pequeño tamaño son espazos con grandes potencialidades para a educación ambiental e a investigación. Porén, as charcas e os seus beneficios son descoñecidos pola cidadanía, o que conleva unha ameaza constante de desaparición. Coa intención de difundir os valores e importancia das charcas e de contribuir ao seu estudo e conservación, nace o proxecto "CHARCAS CON VIDA". Custodia do territorio, educación ambiental e voluntariado ambiental únense neste proxecto para dar a coñecer os pequenos humidais de Galiza, contribuíndo á conservación do patrimonio e da natureza. Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio de Agricultura, Almentación e Medioambiente. Celebrando o día Mundial dos Humidais ADEGA, organiza unhas xornadas no Pazo da Cultura de Pontevedra sobre a importancia da conservación das charcas. O encontro para o que xa están inscritas 80 persoas, contará cos relatorios de membros de entidades relacionadas coa conservación e investigación destes espazos procendentes de Menorca, Portugal e Galiza. O evento está financiado polo concello de Pontevedra.
O proxecto "Charcas con Vida" conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio de Agricultura, Almentación e Medioambiente. |