Adega
INICIO Últimas novas Premios Osíxeno e Dioxina á millor e pior actuación ambiental de 2012
Premios Osíxeno e Dioxina á millor e pior actuación ambiental de 2012 PDF Imprimir Correo-e
Envia Premios Osíxeno e Dioxina á millor e pior actuación ambiental de 2012 a FaceBookEnvia Premios Osíxeno e Dioxina á millor e pior actuación ambiental de 2012 a Twitter
oxdiox212 de decembro de 2012. Nesta data sinalada, ADEGA vén de fallar os premios OSÍXENO e DIOXINA para recoñecer ás millores e piores actuacións ambientais do ano. 
Premio OSÍXENO á millor actuación/actitude ambiental do 2012:
-Categoría individual: A Alfredo López, ex-presidente da CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños)
-Categoría colectivo: Á Plataforma para defensa da Ría do Burgo.
Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva ou insustentábel:
-Categoría individual: Ao alcalde do Irixo, Manuel Penedo.
-Categoría colectivo: Aos políticos responsábeis da marea negra do Prestige (Mariano Rajoy, Álvarez-Cascos, Aznar, Arias Cañete, Fernández de Mesa e Jaume Matas).
Premio OSÍXENO DE HONRA á Plataforma Nunca Máis polo seu compromiso co ambiente e a dignidade dun país.

Un ano máis, e van xa 12 edicións, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de fallar os premios OSÍXENO e DIOXINA. Estes recoñecementos pretenden subliñar as actuación de persoas ou colectivos a prol (premio OSÍXENO) ou en contra (premio DIOXINA) do patrimonio natural galego. Hai uns anos ampliamos o carácter destes premios establecendo dúas modalidades para recoñecer o labor tanto de colectivos como de persoas en cada unha das categorías. E como novidade, en 2009 instituimos o premio OSÍXENO DE HONRA para subliñar toda unha traxectoria de compromiso co ambiente e a cultura do país, que recibíu nese ano D. Isaac Díaz-Pardo, en 2010 Xaquín Marín e en 2011 Mini e Mero.

Este 2012 o premio Osíxeno de Honra recae na Plataforma Nunca Máis por termar durante 10 anos da dignidade do país e reclamar que se xulgue aos verdareiros responsábeis da catástrofe do Prestige.

Nas demáis categorías, os/as premiados/as nesta edición de 2012 son:

Premio OSÍXENO á millor actuación/actitude ambiental do ano:

Categoría individual: A Alfredo López, ex-presidente da CEMMA polo seu labor pioneiro de máis de 20 anos en defensa dos cetáceos e doutros grandes vertebrados dos mares de Galiza.

-Categoría colectivo: Á Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo, polo seu compromiso incansábel coa rexeneración e o futuro produtivo desta ría.

Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva e insustentábel de 2012:

-Categoría individual: Ao alcalde do Irixo Manuel Penedo polo servilismo e desleixo amosados diante da ameaza que para o ambiente e á saúde dos seus veciños/as representaba a construción dunha incineradora de residuos no seu concello.

-Categoría colectivo: Aos responsábeis políticos da marea negra do Prestige (Mariano Rajoy, Álvarez-Cascos, Arias Cañete, Aznar, Fernández de Mesa e Jaume Matas) que 10 anos despois non van ser xulgados por converter un accidente marítimo na maior catástrofe ecolóxica da historia de Galiza.

Os premios, consistentes nun diploma e unha escultura comemorativa de Nacho Porto entregaranse no decurso da cea de Nadal que terá lugar en Compostela este sábado día 15 a partires das 21:30 no restaurante A Moa (San Pedro 32).

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA