![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
A desvergoña da Xunta cos residuos non ten límites: se non se recicla máis, é porque SOGAMA incinera e enterra o lixo! |
![]() |
![]() |
![]() |
Analisemos algunhas das "pérolas" que conteñen os materiais desta campaña: SOGAMA pona en marcha coa fin de "captar o interese dos transeúntes e orientalos sobre mellores prácticas ambientais": Non sería millor que primeiro se orientaran eles? A incineración e o vertido que praxctica SOGAMA non son os millores xeitos de tratar os refugallos, nin os que a lexislación fixa como prioritarios (redución, reciclaxe e compostaxe). SOGAMA só recicla o 8% do total dos refugallos recibidos fronte ao 32% que conxuntamente amosan Nostián e O Barbanza. Ademais disto, as plantas de compostaxe reciclan moita máis cantidade de residuos que SOGAMA en TODAS as demáis fraccións da recollida selectiva: Vidro, 9 puntos máis; Papel/Cartón, 4 puntos máis; e Envases, 31 puntos máis, tanto nas áreas de alta xeración de residuos (A Coruña-zona urbana), como en áreas máis rurais cunha máis baixa xeración de residuos (comarca do Barbanza). Informe sobre a recollida selectiva.
SOGAMA di que pretende "aplicar con efectividade o principio dos 3Rs". Nós preguntámonos que fan para aplicar o 1º e 2º "R", isto é, Reducir e Reutilizar? E sobre todo, que fan para aplicar o 3ºR, isto é Reciclar, particularmente a materia orgánica que supón o 50% do lixo que xeramos a diario? Resposta: Nada. SOGAMA recicla o 0% da materia orgánica: Como pretenden acadar o nível do 50% que fixa a Lei 2272011 de Residuos e a Directiva 2008/98/CE? SOGAMA di que pretende acadar a "xestión sostible dos nosos refugallos, velando por que esta sexa respetuosa co medioambiete e a saúde". A "xestión sostible" dos nosos refugallos pasa por reciclar a material orgánica. Queimala ou eliminala no vertedoiro como fai SOGAMA non é respectuoso nin co medio ambiente, nin coa saude, nin respecta a lexislación e resulta moito máis caro. Precisamente a respeito dos cartos, e no que vai de ano, SOGAMA soterou no vertedoiro de Cerceda nada menos que 42 millóns de €. ![]() Á vista destes datos, recomendamos á poboación estar alerta fronte á propaganda tóxica da Xunta sobre os residuos: Con SOGAMA e a incineración, que non che conten contos! |