Adega
INICIO Últimas novas ADEGA denuncia irregularidades e escurantismo no tratamento dos refugallos do Prestige
ADEGA denuncia irregularidades e escurantismo no tratamento dos refugallos do Prestige PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA denuncia irregularidades e escurantismo no tratamento dos refugallos do Prestige a FaceBookEnvia ADEGA denuncia irregularidades e escurantismo no tratamento dos refugallos do Prestige a Twitter
residuosomozas15 de novembro de 2012. O tratamento dos refugallos do Prestige recollidos da costa é un asunto escuro aínda sen resolver que novamente amosa o desleixo das administracións, que mesmo poderían estar incorrendo en ilegalidades. Acontece que das 90.000 t recollidas unhas 10.000 fican aínda sen tratamento "armacenadas" ilegalmente nunhas balsas nas Somozas. A Lei 22/2011 de residuos e solos contaminados obriga a tratar estes refugallos nun prazo máximo de 6 meses... E van alá xa 10 anos. E das 80.000 "tratadas" por SOGARISA, das cais 9600 eran de plásticos e 6400 de fuel, "valorizáronse" (isto é, incineráronse) 956 de plásticos e 482 de fuel, isto é, un 10,2 e un 7,5% respeitivamente. Onde foron o resto dos plásticos e do fuel? Se consideramos que estes eran o verdadeiro refugallo, resulta que o 91% de plásticos+fuel foi ...a vertedoiro! E para iso pagamos 24 millóns de €? pdfInforme SOGARISA Refugallos Prestige 0,6MB

ADEGA tentou seguirlle a pista ao proceso de tratamento das 90.000 t de refugallos do Prestige recollidas na costa. Deste conxunto, 60.000 foron armacenadas en SOGARISA, 20.000 en Cerdeda e outras 10.000 "en diferentes puntos". Os dados oficiais e as informacións de prensa sobre o destino destes refugallos foron por veces contraditorios e non só non aclaran determinados aspectos do proceso, senón que deitan dúbidas sobre a súa legalidade. Coas informacións que puidemos compilar en ADEGA tentamos reconstruir a cronoloxía do que aconteceu con estes refugallos:

- A finais de 2005 aínda non se iniciara o tratamento dos refugallos, unhas 80.000 t segundo responsábeis de SOGARISA, que prevían comezar a facelo a principios de 2006. SOGARISA estimaba o custo en 24,5 millóns de €.
- Outrono de 2006: Inicio do tratamento das primeiras 20.000 t armacenadas en Cerceda mediante unha planta móbil. En novembro deste ano había aínda 60.000 t sen tratar en SOGARISA (As Somozas). o 75% das 80.000 recollidas.
- En 2007, a Xunta anuncia que o tratamento das 60.000 t armacenadas en SOGARISA iniciarase en xullo dese ano e aponta como razóns do retraso "causas políticas e administrativas". Outras 20.000 t xa foran tratadas nese tempo nunha planta móbil na Areosa (Cerceda).
- En abril de 2008 anúnciase que SOGARISA tratou 30.000 das 60.000 t armacenadas nas balsas. Esperaban rematar o proceso a principios de 2009.
- En novembro de 2008, SOGARISA anuncia que xa tratou unhas 66.000 t, 46.000 das balsas nas Somozas e 20.000 en Cerceda), das 82.000 armacenadas, faltando unhas 16.000 t por procesar, operación que remataría en marzo de 2009. Os custos da reciclaxe e tratamento ascenderían a 22 millóns de € (2,5 menos do anunciado en 2005).
- Tamén en novembro de 2008, un video corporativo de Ferrovial (que participa con capital en SOGARISA) sobre o proceso de reciclado dos refugallos do Prestige informa que SOGARISA ten capacidade pra procesar unhas 20 t ao día. Facendo os cálculos para 60.000 t dende xullo de 2007 a razón de 20 t diarias, o proceso remataría en 8,2 anos (traballando 365 días por ano) isto é en outubro de 2015!.
- A finais de 2009 ADEGA denuncia que aínda fallan por tratar unhas 10.000 t de refugallos do Prestige armacenados nas Somozas. Nunha información de prensa, a administración afirma que é por falta de fondos. Aponta tamén que SOGARISA pode tratar unhas 20 t por hora, cando un ano antes o vídeo de Ferrovial dicía que eran 20 t por día. En que quedamos?
- En novembro de 2011 a Xunta volve a recoñecer que fallan por trarar unhas 10.000 t armacenadas nas Somozas, froito segundo Hernández, do material que chegou a SOGARISA "dende diferentes puntos". Como o proceso estaba orzamentado para 80.000 t por un importe de 22,4 millóns de € (é a terceira cifra distinta que se baralla), ao parecer non había cartos para tratar estas 10.000 t que Hernández pretendía que asumira o estado (daquela a ministra era Espinosa) e que a Xunta tiña "adecuadamente armacenadas" nas Somozas.
- A día de hoxe, seguen sen tratar unhas 10.000 t que fican armacenadas en balsas por SOGARISA nas Somozas, agardando que o estado e a Xunta se poñan de acordo para pagar os 3 milóns de € que custaría o proceso. E por certo, seguimos sen saber cal foi o custo real do tratamento das 80.000 t: 24,5 / 22 ou 22,4 millóns de €?.

A este respeito, ADEGA chama a atención sobre a posíbel ilegalidade do almacenamento dos residuos sen tratar. A Lei 22/2011, de 28 de xullo, de residuos e solos contaminados (BOE nº 181, Venres 29 de xullo de 2011), di no sei art. 20:

4. Con carácter general los gestores de residuos están obligados a:
a) Mantener los residuos almacenados en las condiciones que fije su autorización. La duración del almacenamiento de los residuos no peligrosos será inferior a dos años cuando se destinen a valorización y a un año cuando se destinen a eliminación. En el caso de los residuos peligrosos, en ambos supuestos, la duración máxima será de seis meses; en supuestos excepcionales, el órgano competente de las Comunidades Autónomas donde se lleve a cabo dicho almacenamiento, por causas debidamente justificadas y siempre que se garantice la protección de la salud humana y el medio ambiente, podrá modificar este plazo. Durante su almacenamiento los residuos peligrosos deberán estar envasados y etiquetados con arreglo a las normas internacionales y comunitarias vigentes. Los plazos mencionados empezarán a computar desde que se inicie el depósito de residuos en el lugar de almacenamiento.

Poden considerarse causas xustificadas a crise ou falta de fundos? Dende ADEGA entendemos que non poden aceptarse causas técnicas, pois iso xa se resolveu antes do tratamento das 80.000 t anteriores. SOGARISA debe estar obrigada a non aceptar os refugallos se non pode tratalos, ou a transferilos dentro do prazo máximo de almacenamento a outro xestor autorizado. En caso contrario, unha vez aceptrados, mesmo se non hai quen pague, estaría obrigada a tratalos

Finalmente ADEGA quere tamén denunciar a confusión e as contradicións nos resultados do proceso de tratamento. Nun informe de SOGARISA, a empresa indica que as 80.000 t recollidas "eran unha mixtura moi complicada composta por: 60% de area; 20% de auga; 12% de  plásticos e 8% de fuel". Portanto, sobre un total de 80.000 t teriamos 9.600 de plásticos e 6.400 de fuel.
Na táboa de resultados do tratamento, aos que chama incorrectamente "subprodutos", valorizáronse como combustíbel (incineración) 482 t de hidrocarburos (isto é, fuel!), e 975 t de plásticos. Portanto, sobre as cantidades iniciais de cada un destes materiais, temos que só se "valorizaron" o 7,5% do fuel e o 10,2% dos plásticos. Onde foron o resto de fuel (hidrocarburos) e plásticos?. Excluindo a auga evaporada e as areas e arxilas valorizadas, quedarían dúas fraccións: lodos non valorizábeis e voluminosos non valorizabeis. Estas dúas fraccións foron a "eliminación" en depósito de seguridade, é dicir, ao vertedoiro de refugallos perigosos. Quizáis os lodos conteñan maiormente os hidrocarburos e os vouminosos mesturas de plásticos e hidrocarburos, xunto con outros residuos. É isto así?
 
Portanto, e excluindo a auga (que non se pode dicir que se valorizara) aconteceron dous tipos de valorización:
- Reciclaxe de areas e arxilas: 18406 + 14430 = 32836 t. Inicialmente había 80.000 x 0,6 = 48.000 t de area (incluidas aquí as arxilas, enténdese). Desta forma, a recuperación de inertes foi do 68,4% dos iniciais, equivalente a un 41% do residuo total.
- Incineración do 7,5% do fuel, e o 10,2% dos plásticos, equivalente a un 1,8% do refugallo total. Se consideramos que estes últimos eran o verdadeiro residuo, en conxunto "valorizouse" un 9,1% destes, mentres que o 90,9% restante de plásticos+fuel foron a vertedoiro.
 
Como se ve, e contrariamente ao indicado no informe de SOGARISA, só o 9,1% dos plásticos e fuel, os verdadeiros refugallos, tiveron "unha nova vida" segundo SOGARISA. O resto, xunto con máis da metade das areas e arxilas, foron... a vertedoiro! E para isto fan facían falla 10 anos e 24 millóns de €?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA