![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
A Rede Natura, o novo polígono industrial de Feijóo |
![]() |
![]() |
![]() |
Facer do que debería ser unha excepción, regra; considerar como permitido o que debera ser autorizábel e como autorizábel o que debera estar prohibido, coa fin de baleirar de contido as proteccións ambientais, "pontear" a Directiva de Hábitats e arrogarse a potestade de autorizar discrecionalmente calquera cousa, é o espírito deste Plano de Deconstrución da Rede Natura. Con respeito ao documento de inicio apresentado en 2011, a redacción definitiva non amosa praticamente diferenzas, malia a térense apresentado ducias de alegacións ás que por certo, a Xunta deixou sen resposta.
A seguir, a Xunta fusiona a zona de "uso restrinxido" coa de "uso moderado" (na proposta de 2008) e denomínaa "área de conservación". O resultado: rebaixa das cautelas ambientais nada menos que no 67,6% do territorio da Rede Natura Galega para permitir ou autorizar a discreción actividades non tradicionais, maila á presenza de hábitats prioritarios. No tocante ás medidas de xestión, a primeira na fronte: a Xunta considera usos autorizábeis en toda a Rede Natura "Todas aquelas actividades directamente relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública ou con outras razóns imperiosas de interese público de primeira orde, ou ben que poidan ser obxectivamente consideradas como accións positivas de primordial importancia para o medio ambiente, sempre que cumpran co disposto no artigo 6 da DC 92/43/CEE." Isto significa que o que a Directiva de Hábitats e a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade considera unha excepción, a Xunta convírteo en regra, antepoñendo intereses económicos e políticos á obriga de conservar o patrimonio natural. Feijóo e Hernández xa usaron esta mesma trécola cando declararon por decreto a acuicultura de "interese público de primeira orde", coa intención de permitir a Pescanova facerse con Touriñán. Ábrese a porta para que de xeito discrecional e ao abeiro do que decida o Conselleiro de turno, actividades manifestamente agresivas e opostas aos obxectivos de conservación (piscifatorías, incineradoras, autoestradas, concentracións parcelarias, urbanizacións, plantacións de eucaliptos, queimas de montes, caza, rallys, introdución de especies exóticas ou transxénicas...) poidan ser declaradas "compatíbeis" e autorizadas pola Xunta, mesmo nas zonas de maior valor. Con este Plano Director, a Xunta pretende introducir a discrecionalidade, a arbitrariedade, o clientelismo e a especulación na xestión do noso patrimonio natural máis valioso e transformar a Rede Natura nun polígono industrial para beneficio dos especuladores amigos do poder, en perxuízo da poboación local e do uso sustentábel destes espazos. |