![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Menos píllara das dunas, menos flora dunar... e máis Bandeiras Azuis |
![]() |
![]() |
![]() |
A píllara das dunas é unha ave ameazada que aniña directamente sobre a area nas partes altas da praia, e que nos últimos anos veu sendo obxecto de labores de recuperación por parte de institucións e ONGs. Precisamente nas dunas da Corna, ADEGA en colaboración coa D. X. de Costas do Estado e a D. X. de Conservación da Natureza da Xunta, vén desenvolvemdo un proxecto de voluntariado (Proxecto Corna) encamiñado a preservar o ecosistema dunar, eliminar especies invasores e propiciar a conservación da píllara das dunas. Construíronse pasarelas sobre as dunas, limitouse a circulación e o aparcamento de veículos e instaláronse cartaces informativos para expoñer o valores naturais, regular os usos e reducir os impactos sobre o medio.
Porén, para ADEGA estas desafortunadas actuacións non son só froito da ignorancia ou o desinterese das administracións: teñen moito que ver co anceio de moitos concellos costeiros por recibir unha Bandeira Azul. A Bandeira Azul tense convertido en sinónimo de praias en bo estado, mais isto non significa que o litoral estea ben conservado. Deste xeito moi a miúdo concellos cuxas vilas e cidades carecen de depuración (A Coruña, Vigo, moitos das rías de Pontevedra e Arousa...), que ademáis practican un urbanismo depredador (Barreiros, Sanxenxo...), ven "premiada" a súa mala xestión coa Bandeira Azul. Os criterios polos que a FEE-ADEAC (unha fundación internacional privada) concede a Bandeira Azul, atenden principalmente á calidade da auga dos servizos da praia durante a tempada de baño, e non á conservación dos ecosistemas litorais. Segundo a propia FEE "Puede suceder que la fragilidad de ciertos entornos naturales no aconseje la concesión de este tipo de galardón, ya que la afluencia de un número mayor de visitantes podría poner en peligro la fauna y flora o los hábitats" (consulta os CRITERIOS na súa web). As praias non son parques urbano e a boa conservación dos ecosistemas naturais nada ten que ver coa calidade da auga de baño e dos servizos, e moito menos coa masificación que a miúdo provoca a concesión deste "galardón". Como moitas outras praias galegas, no caso da Corna e Coroso a concesión da Bandeira Azul supuxo un factor engadido de humanización e degradación e a alteración dun patrimonio natural moi fráxil e escaso. |