O proxecto a desenvolver nesta bacía leva o nome de Muíños e camiños na bacía do Ulla.
A el pertencen tres subproxectos a desenvolver en tres ríos do concello da Estrada.
- Roteiro no río Vea promovido pola Asociación A Xesteira, recupera un antigo roteiro á beira deste río poñendo en valor os muíños da zona e este paraxe natural pertencente ao LIC Sistema Fluvial-Ulla Deza
- Roteiro no Rego de Godoi promovido pola Asociación Rego de Godoi tamén pon en valor un pequeno roteiro por este rego onde se atopan numerosos muíños.
- Roteiro no río Lagartóns promovido pola Asociación pola defensa do Val do Liñares, recupera o patrimonio natural deste río eliminando unha mancha da especie invasora Acacia dealbata.
|
ADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental en colaboración coa Asociación para a Defensa do Val do Liñares, que se celebrará o sábado 16 de febreiro, dentro do proxecto de creación dunha rede de Custodia Fluvial nas Bacías do Ulla Umia e Lérez. A actividade se desenvolverá no concello da Estrada na parroquia de Lagartóns. A introdución de especies exóticas invasoras é, despois da destrución de hábitats, a ameaza máis importante na perda de biodiversidade e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas.
|
Ler máis...
|
|
O domingo 30 de setembro a Asociación A Xesteira de Couso (A Estrada) organizou unha limpeza en colaboración con ADEGA. 14 persoas se deron cita no río Vea participando na actividade membros da Xesteira, de ADEGA e veciños da zona. En 3 horas retiráronse uns 900 kg. aprox. de lixo acumulado en 2 vertedoiros situados a poucos metros dos muíños . Entre o lixo retirado atopáronse numerosos envases de plástico e vidro, escombro de obras, e residuos voluminosos como o eixo dun remolque. A pendente do terreo e a vexetación dificultaron as tarefas de limpeza. A zona ten un alto valor ecolóxico, paisaxístico e etnográfico por atoparse dentro do Sistema Fluvial Ulla-Deza catalogado como LIC (Lugar de importancia comunitaria) e pola existencia de 6 muiños de auga situados ó longo deste tramo. A Asociación A Xesteira, pretende recuperar e poñer en valor estes muiños e o roteiro que antigamente se empregaba para acceder a eles. |
|
|
|
|