Roteirríos 2012: rastros e pegadas Imprimir
Envia Roteirríos 2012: rastros e pegadas a FaceBookEnvia Roteirríos 2012: rastros e pegadas a Twitter
peg.jpgContinuando cos itinerarios previstos para o Roteirríos 2012, o vindeiro sábado 17 de marzo estaremos de roteiro aprendendo a recoñecer rastros e pegadas. Este ano o programa Roteirríos está adicado a coñecer e axudar á conservación da biodiversidade dos ríos. Nos nosos ecosistemas fluviais habitan numerosos organismos que rara vez podemos observar. Pero existen métodos para recoñecelos. Indicios como pelos, pegadas ou defecacións poden facilitarnos moita información sobre a súa bioloxía e distribución no caso de saber interpretalos. PRAZAS COMPLETAS

Para aprender a recoñecer estes sinais que deixan os vertebrados, contaremos o próximo sábado día 17 de marzo co experto Juan Ignacio Díaz da Silva (SGHN), que guiará esta saída formativa pola contorna da Eira da Xoana (Ramil - Alto Ulla).

imagen12.jpgPrograma da actividade

11.00 Encontro na Eira da Xoana
11.15 Presentación da metodoloxía (Juan Ignacio Díaz da Silva)
11.30 Roteiro no que se visitarán diferentes hábitats para identificar rastros e pegadas.
14.30 Parada para xantar (trae bocata)
16.00 Continuación do roteiro
17.00 Remate da actividade

Esta é unha actividade gratuíta, se queres participar escribe un email ou chama:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo '; document.write( '' ); document.write( addy_text82204 ); document.write( '<\/a>' ); //--> Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Teléfonos: 981 57 00 99 / 616 23 80 50

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com