Adega
INICIO Programas / Proxectos Programa Xeral de Educación Ambiental
Programa Xeral de Educación Ambiental PDF Imprimir Correo-e
Envia Programa Xeral de Educación Ambiental a FaceBookEnvia Programa Xeral de Educación Ambiental a Twitter

Programa Xeral de EA dirixido a centros de ensino, asociacións etc... Traballa distintos aspectos da problemática ambiental (auga, transporte, biodiversidade, etc.) dende un punto de vista global e integrador. É unha dinámica aberta, continuada no tempo e que permite traballar con distintos grupos sociais e franxas de idade, adecuando os programas as súas características.

A quen vai dirixido o programa?

A Educación Ambiental, dende un punto de vista transformador da realidade, é un percorrido aberto, continuado no tempo e desenvolvido con todos os grupos sociais e en todas as franxas de idade. Nesta liña, o programa que presentamos permite traballar con todo tipo de persoas, adecuando os programas as súas características específicas e necesidades concretas.

Entre os posíbeis colectivos obxecto da presente proposta están:

  • Centros de Ensino, tanto de Educación Primaria como Secundaria

  • Asociacións Xuvenís

  • Asociacións de Veciños e Veciñas

  • Clubes e Organizacións de Tempo Libre

  • Asociacións culturais e recreativas

Quen o imparte?

ADEGA conta con persoal cualificado, con coñecementos de medio ambiente, pedagóxicos e de educación ambiental, para a supervisión e desenvolvemento deste programa.

As charlas son impartidas por licenciados/as universitarios/as relacionados con cada tema. Os obradoiros corren a cargo dunha equipa multidisciplinar, participando na sua realización un/unha licenciado/a e un/unha monitor/a de tempo libre.

Metodoloxía

O enfoque metodolóxico fundaméntase na implicación directa dos/as destinatarios do programa sendo os participantes os protagonistas. É dicir, unha pedagoxía activa e participativa na que se sintan parte do programa que se está a desenvolver. Fomentarase o traballo en grupo así como a creatividade e a cooperación, poñendo en común vivencias para melllor comprender o noso papel no entorno no que vivimos. Aínda sendo os contidos xerais comúns, a metodoloxía e os contidos de cada actividade adaptarase á idade e ao momento evolutivo das/os participantes.

Actividades

O Programa de Educación Ambiental de ADEGA artéllase como bloques temáticos onde desenvolvemos diferentes actividades (charlas, obradoiros e saídas), ben realizando estas individualmente ou ben traballándoas por bloques, é dicir facendo como mínimo dúas das actividades propostas, charla+obradoiro ou charla+saída.

Estes son os principais bloques:

B1. Adega e os problemas ambientais de hoxe

B2. Resíduos: reciclaxe, incineración, medio ambiente.

B3. Bosques: incendios e política forestal

B 4. Enerxia, transporte e cámbio climático.

B 5. Biodiversidade: espécies en perigo

B 6. A auga, os rios e o mar

B 7. Agricultura ecolóxica

B 9. Tóxicos no fogar

B 10. A Contaminación

B 11. Ecoloxía no cotián, na casa, na escola...

B 12. Medio ambiente e saúde

B 14. Enerxias renovábeis

B 15. Medio ambiente e consumo


Tamén preparamos saídas e roteiros

S1. Preparación e realización de roteiros ecolóxicos

S2. Elaboración de mapas de puntos negros (áreas degradadas)

S3. Saídas estacionais


e obradoiros

O1. Medio ambiente e consumo

O2. Compostaxe e autocompostaxe

O3. Reciclaxe

O4. Plástica do lixo

O6. Ambientalizar o patio/entorno do centro escolar

De forma orientativa, a duración das charlas será de 1 hora, incluíndo o tempo para preguntas e debate, podéndose ampliar ate un máximo de 2 horas. Nas charlas poderánse utilizar vídeos, diapositivas, presentacións multimedia ou transparencias como material de apoio. Algúns temas inclúen xogos, enquisas ou outras actividades participativas.

A duración dos obradoiros será de 1 h e media sendo de caráter práctico e participativo. O número máximo de participantes por obradoiro é de 25. A duración das saídas serán habitualmente de duas horas, podendose ampliar a unha mañá ou todo o día (acordarase co solicitante).

Solicitar máis información
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA