Adega
INICIO Organización Conservación, residuos, EA, Preescolar na Casa e Valedor, resolucións da 36 Asemblea de ADEGA
Conservación, residuos, EA, Preescolar na Casa e Valedor, resolucións da 36 Asemblea de ADEGA
Envia Conservación, residuos, EA, Preescolar na Casa  e Valedor, resolucións da 36 Asemblea de ADEGA a FaceBookEnvia Conservación, residuos, EA, Preescolar na Casa  e Valedor, resolucións da 36 Asemblea de ADEGA a Twitter
DMMA11tnEsta pasada fin de semana, ADEGA celebrou a súa 36ª Asemblea Xeral Ordinaria. Ao longo desta xuntanza e baixo o lema "En marcha por unha Galiza sustentábel" fixemos un balanzo da situación ambiental do país e dos principais reptos para o 2012, deseñando as estratexias para facerlles fronte. A este respeito, a Asemblea acordou trasladar á sociedade galega as seguintes resolucións, relativas á Conservación da Natureza; á incineración dos residuos, á situación da Educación Ambiental no país e á actitude do Valedor do Pobo coa nosa lingua. Xa pola noite na cea de confraternización, fixemos entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2011.

RESOLUCIÓNS DA 36ª ASEMBLEA ANUAL DE ADEGA

 
Conservación da Natureza: perante a política da Xunta de rebaixar os requisitos de control ambiental mediante determinadas normas e espúreas modificacións legais (lei de acompañamento, lei de industria, Plano Director da Rede Natura), e diante da inoperancia e o desleixo da Dirección Xeral de Conservación á hora de conservar e recuperar o nosa biodiversidade (lumes en espazos protexidos, xestión da caza, lobo), a Asemblea de ADEGA solicita á Xunta a supresión da Dirección Xeral de Conservación e a asignación do seu orzamento para proxectos e altos cargos ás organizacións sociais galegas que estamos a traballar de xeito efectivo pola conservación do noso patrimonio natural.

Residuos: a Asemblea de ADEGA expresa o seu rexeitamento á incineración que a Xunta propón para o tratamento dos  residuos sólidos urbanos e a súa aposta pola redución, a reciclaxe e a compostaxe como millor sistema para o tratamento do lixo. Do mesmo xeito, expresamos o noso apoio ás plataformas veciñais conta a incineradora do Irixo e a nosa solidariedade cos habitantes das comarcas do Ribeiro e Deza.

Educación Ambiental: A Asemblea de ADEGA denuncia a situación crítica da Educación Ambiental en Galiza polo perche de equipamentos e e eliminación total de orzamentos ás entidades (1.200.000€ en 2007, 0€ en 2011).  A Educación Ambiental non é un gasto social, é un investimento!

Preescolar na Casa: A Asemblea de ADEGA expresa o seu rexeitamento á decisión da Xunta retirar as axudas para pretender eliminar o programa Preescolar na Casa e deixar sen atención educativa a 4.000 familias, perdendo ademais  42 postos de traballo no que constitúe un dos ataques máis graves á nosa lingua e ao sistema educativo perpetrado polo governo de Núñez Feijóo.

Valedor do Pobo: Diante da posición do Valedor do Pobo, Benigno López, favorábel a censurar un libro de texto de Coñecemento de Medio de 5º de Primaria por reproducir literaltemente o artigo 5.1 do Estatuto de autonomía de Galiza que di: "A lingua propia de Galiza é o galego", a Asemblea de ADEGA esixe ao Parlamento a reprobación desta actitude e a destitución do Valedor.

Imaxes da Asemblea e entrega dos Premios Osíxeno e Dioxina 2011 (Ramsés Pérez)

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA