Adega
INICIO Novas de EA A compostaxe comunitaria, un novo chanzo na autoxestión dos residuos
A compostaxe comunitaria, un novo chanzo na autoxestión dos residuos PDF Imprimir Correo-e
Envia A compostaxe comunitaria, un novo chanzo na autoxestión dos residuos a FaceBookEnvia A compostaxe comunitaria, un novo chanzo na autoxestión dos residuos a Twitter

Compostela, 21 de setembro de 2011. A instalación dunha área de compostaxe comunitaria en San Sadurniño ampliará o número de veciñas e veciños que composta os seus residuos orgánicos. Este xoves 22 ás 19.00h, é a data elixida para a instalación da área de compostaxe comunitaria no concello de San Sadurniño. O proxecto promovido por ADEGA e apoiado polo propio concello conta co financiamento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. A finalidade é desviar parte dos residuos orgánicos con destino ao contedor verde das rúas, cara un composteiro de 1.400 l de capacidade. No seu interior, introducindo tamén restos vexetais procedentes de xardíns e parques, darase o proceso aerobio de descomposición que terá como resultado a obtención de compost.

A área de compostaxe comunitaria asentarase nunha zona verde do concello e serán os veciños e veciñas das proximidades quen aporten os restos orgánicos das súas cociñas. Ademais o composteiro terá como compaña un panel informativo fixo, con pautas a seguir e unha área de aporte onde se depositará a herba ou follas secas para engadir á mestura. Con isto conséguese reducir a cantidade de residuos xerados, xestionar os residuos no mesmo lugar onde se producen (evitando o transporte de lixo) e sensibilizar a poboación na reciclaxe de residuos así como a súa implicación na resolución da problemática do lixo.

En concellos como o de Bueu ou Fene, ADEGA xa puxo en funcionamento neste mesmo ano iguais iniciativas. Ao longo do ano de duración da experiencia unha educadora ambiental acompañará aos participantes no proceso, con asesoramento e orientación sobre a compostaxe e a correcta xestión do lixo no fogar. En San Sadurniño a compostaxe comunitaria levará a posibilidade de xestión de residuos orgánicos a comunidades de veciños e veciñas como xa o está a facer a compostaxe caseira con domicilios unifamiliares.

ADEGA fai fincapé na importancia desta iniciativa, que vencella a xestión de residuos cun programa de educación ambiental e que parte da colaboración entre diferentes entidades coa pretensión de avanzar na problemática nos residuos sólidos urbanos.

Máis información:

María Xosé Castro, 649611508; Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA