![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
SOGAMA, entre as principais industrias contaminantes de Galiza |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() No rexistro PRTR, non se citan as emisións a atmosfera de monóxido de carbono, dióxido de xofre, doutros metais pesados alén do mercurio, nen das dioxinas e furanos, substancias moi tóxicas producidas pola incineración. Na incineradora quéimanse tamén produtos farmacéuticos (400 toneladas só en xullo-agosto do 2009), prática que podería presentar problemas para a saúde humana polas emisións de diversas de substancias químicas procedentes dos medicamentos. Considérase que o 72% dos restos de medicamentos depositados nos puntos SIGRE das farmacias do Estado dende 2002 acabaron no vertedoiro de SOGAMA, e menos da terceira parte destes residuos foron reciclados. En canto aos consumos, o "Complexo Medioambiental" de Cerceda consome anualmente, 1,3 millóns de m3 de auga, máis que a maior fatoría industrial de Galiza, a fábrica PSA de Vigo. O volume de auga gastado por SOGAMA chegaría para abastecer a unha vila de máis de 21.000 habitantes. O consumo de electricidade, 40.513 Mwh, tamén é alto e abondaría para satisfacer as necesidades unha vila de 27.000 habitantes. Curiosamente, SOGAMA gasta máis enerxía da que produce, sendo o principal responsábel deste balanzo enerxético negativo as 2.772.457 Nm3/ano de gas natural, usado fundamentalmente para "secar" o lixo antes de queimalo. Esta é a realidade do modelo SOGAMA, un auténtico despropósito ambiental, unha verdadeira ruina económica para os concellos e un inmenso risco para a saúde da cidadanía, que a Xunta pretende agora reproducir perpetrando unha nova incineradora sur do país. Pódense consultar os datos de SOGAMA fornecidos polo Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (PRTR) nesta LIGAZÓN. |