Este 8 de xuño, únete á limpeza simultánea de praias polo Día Mundial dos Océanos Imprimir
Envia Este 8 de xuño, únete á limpeza simultánea de praias polo Día Mundial dos Océanos a FaceBookEnvia Este 8 de xuño, únete á limpeza simultánea de praias polo Día Mundial dos Océanos a Twitter

polbotnUn ano máis ADEGA organiza a II Limpeza simultánea de praias con motivo do Día Mundial dos Océanos, este 8 de xuño, sábado. Dando continuidade á limpeza simultánea de 2012 que contou coa participación de máis de 700 persoas, ADEGA convoca de novo a todas as entidades interesadas a unirse neste evento de reivindicación e educación ambiental contra a contaminación mariña. O 8 de xuño diferentes grupos de toda Galiza, centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, asociacións de todo tipo ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental. Se queres participar contacta con ADEGA.


View Limpeza simultánea de praias 2013 in a larger map

A xestión dos residuos en Galicia non é axeitada, o noso lixo remata en vertedoiros ou incinerado, e outra grande parte de aquel material que xa non consideramos útil vai parar ao mar. Unha elevada porcentaxe do lixo que atopamos nas praias provén de zonas do interior, que, sumado a outros vertidos acada os 7 millóns de toneladas de plástico que cada ano rematan nos océanos.

Alén do impacto visual que os residuos plásticos causan nos mares e nas praias,  tamén son un grave perigo para a fauna mariña. Moitos animais acaban enredados en cordas, sacos ou bolsas que  provocan a súa morte por afixia ou por vulnerabilidade ante os seus depredadores. Ademáis moita fauna mariña como tartarugas, quenllas ou cetáceos inxiren plásticos confundíndoos con alimento o que finalmente provoca tamén a súa morte.

Outro dos graves problemas do plástico é que este acaba reducíndose en pequenos anacos tamén inxeridos por peixes que dun xeito ou outro poden rematar nos nosos pratos. Os compoñentes prexudiciais e perigosos que conteñen estes plásticos pasan aos seres humanos, afectando directamente á nosa saúde.

A mellor maneira de actuar ante este problema é reducir o noso consumo diario de plástico, reutilizar o máximo posible e reciclar. Porén, para conseguir un cambio nos hábitos de consumo tamén precisamos dun cambio de conciencia.

Facemos unha chamada á poboación para conseguir unha masa crítica que se achegue ás praias o Día dos Océanos, e consiga por unha banda mellorar o estado das nosas costas pero sobre todo conseguir un cambio de conciencia cidadá.

Se estás interesado/a en participar ponte en contacto  con nós:

Lucía Parente Romero
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
tlf: 649 611 508 ou 981 57 00 99

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com