Crónica da xornada de voluntariado no río Liñares Imprimir
Envia Crónica da xornada de voluntariado no río Liñares a FaceBookEnvia Crónica da xornada de voluntariado no río Liñares a Twitter

A introdución de especies exóticas invasoras é, despois da destrución de hábitats, a ameaza máis importante na perda de biodiversidade e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas. ADEGA organizou unha actividade de voluntariado ambiental en colaboración coa Asociación para a Defensa do Val do Liñares o pasado sábado 16 de febreiro de 2013, contando coa colaboración do concello de A Estrada.

FOTOS DA XORNADA

As dúas asociacións contan cunha traxectoria notable na loita e defensa do patrimonio fluvial, é por iso que organizaron esta iniciativa dando á cidadanía a oportunidade de actuar fronte unha ameaza ambiental mediante iniciativas coma esta de custodia fluvial. A iniciativa enmárcase dentro do proxecto de creación dunha rede de Custodia Fluvial nas Bacías do Ulla Umia e Lérez.

A actuación do sábado centrouse na eliminación da especie invasora Acacia dealbata (mimosa) nas marxes do río Liñares, un espazo de importante valor ecolóxico, en fincas privadas baixo o acordo dos propietarios e propietarias do lugar. img_9546.jpg

A xornada comezou o sábado pola mañá. 30 voluntarios e voluntarias encontráronse na vila da Estrada na praza do concello dende onde se desprazaron ata o local da Asociación para a defensa do val do Liñares, a antiga escola na parroquia de Lagartóns onde realizan varias actividades. Alí fíxose unha pequena presentación das dúas asociacións, falando da súa historia e do porqué da convocatoria. Despois se lle explicou  aos e ás participantes a problemática ambiental das especies invasoras, e o obxectivo deste día de traballo. Para esta actividade o voluntariado contou con seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

A seguir o grupo desprazouse ata o río Liñares, levando todas as ferramentas necesarias para os traballos.

O traballo foi duro, sobre todo debido á pendiente do lugar pero con moi bos resultados. Conseguíronse eliminar tanto pés pequenos como raíces, e pequenas árbores desta especie tan perigosa. Houbo tempo tamén para conversar con paseantes que se interesaron polas labores. Como unha función  máis do voluntariado, se lles explicou o porqué destas accións.

O equipo comeu alí mesmo, á beira do río, degustando unhas empanadas e uns queixos da zona. Tras este descanso de conversas que tamén serviu para achegar e compartir experiencias entre os participantes, algúns deles chegados de países como Colombia, Bulgaria, Luxemburgo ou Austria, reanudáronse os traballos.

A xornada da tarde estivo centrada na plantación de especies autóctonas de ribeira coma cerdeiras, bidueiros e freixos. Para axudar á recuperación desta parte do bosque.

A actividade rematou sobre as 6 da tarde, recolléronse as ferramentas e fíxose unha foto de todo o grupo.

As valoracións dos e das voluntarias foron recibidas polo equipo de ADEGA, dende o cal se decidiu repetir estas actuacións nos vindeiros meses para facer efectivas estas labores de eliminación.

 

img_9679.jpg 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com