Adega
INICIO Novas de custodia fluvial Próxima xuntanza de Custodia Fluvial
Próxima xuntanza de Custodia Fluvial PDF Imprimir Correo-e
Envia Próxima xuntanza de Custodia Fluvial a FaceBookEnvia Próxima xuntanza de Custodia Fluvial a Twitter

analisemostrasADEGA está a organizar unha xuntaza para o día 15 de decembro (xoves) ás 17:00 no Centro Comarcal de Tabeirós-Terra de Montes (PO-841, s/n. Toedo - A Estrada).

Están convidadas a este evento todas as asociacións e entidades participantes no Proxecto de creación de unha rede de custodia fluvial nas cuncas do Ulla Umia e Lérez.



Esta reunión está programada como unha mesa de traballo onde cada entidade ou asociación poderá apresentar unha proposta de proxecto de Custodia Fluvial a desenvolver nalgún dos 10 concellos do GDR 20 (presentación de 10 minutos como máximo). Alén de ter o asesoramento do persoal de ADEGA, que xa conta na súa experiencia con varios proxectos de Custodia Fluvial, aqueles proxectos escollidos terán un orzamento destinado a desenvolver as actividades de recuperación de patrimonio (tanto natural como cultural).

As iniciativas a desenvolver poderán ser tanto de recuperación do patrimonio cultural como natural asociado aos nosos ríos e ribeiras.

Como exemplo e orientación nomeamos algúns proxectos que poderán ser desenvolvidos no eido da Custodia Fluvial:
- Recuperación de charcas como patrimonio paisaxístico, natural e etnográfico, actuando como hábitats para especies ameazadas de anfibios.
- Repoboación de ribeiras con especies autóctonas.
- Eliminación de Especies Exóticas Invasoras nas marxes ou na canle de ríos.
- Xornadas de recollida de patrimonio lingüístico asociado aos ríos (cantigas, lendas, contos, toponimia…).
- Recuperación de patrimonio inmobiliario dos ríos e ribeiras (pontes, pontellas, muíños, lavadoiros…).
- Coutos de pesca sen morte.
- Paneis divulgativos sobre o patrimonio natural e cultural dos nosos ecosistemas fluviais.

Estes son só algún exemplos dos proxectos que se poderán presentar na xuntanza, animámosvos a acudir coa vosa idea e propoñela no centro comarcal o día 15 de decembro.

Aquí tedes unha ligazón coa localización do centro: http://g.co/maps/ph77e

Para calquera dúbida contactade por mail ou por teléfono con Lucía Parente

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

981 57 00 99

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA