![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
ADEGA participou nas xornadas de impulso ao Tren do Pobo |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() As entidades participantes, entre elas ADEGA, manifestaron a preocupación pola inexistencia dunha planificación integral das infraestruturas de transporte, que evite que unhas solapen ou destrúan a outras. Isto tamén implicaría que os organismos públicos de Sanidade ou de Educación medisen os rendementos que o transporte como servizo público e social xera nestes eidos, fronte a outro modelo de mobilidade. Neste senso, o TREN debe ser considerado un servizo público de alto rendemento, pois consegue transportar persoas e mercadorías sen custe de vidas e cun mínimo de afección ambiental. Os argumentos esgrimidos polas Administracións sobre a pouca rendibilidade do tren foron claramente contestados nestas xornadas. Nelas quedou patente que o beneficio social supera en moito aos custes de execución e desenvolvemento das infraestruturas ferroviarias.
Nestas xornadas tamén se fixo unha chamada de atención sobre a deficiente rede de transporte entre os principais portos galegos e as liñas férreas, en comparación con outras zonas do Estado que si “ espabilaron”. Véxase o exemplo Xixón, que xa botou a andar a autoestrada do mar con Nantes (estación Saint Nazaire) e que Vigo perdeu, teméndose que se perda tamén a conexión con Le Havre, prevista para funcionar no mes de decembro. A falta dun tren de enlace cos portos galegos, nomeadamente co de Vigo, fará perder oportunidades de desenvolvemento, como xa ten acontecido. Mentres, o transporte por estrada segue a estar claramente favorecido, tanto polo goberno da Xunta como polo estatal, coa promoción de máis autoestradas. E en canto ao transporte aéreo, tamén houbo pronunciamentos para denunciar que en Galiza se están a gastar cartos innecesariamente, por exemplo coa ampliación do aeroporto de Alvedro, o que incrementará de xeito galopante as nosa emisións contaminantes e non solucionará os problemas de mobilidade dos galegos e galegas. Ademais os 22.000 millóns de € que se van gastar nesta ampliación supón unha cifra desorbitada se a comparamos co custe público (que algún dos asistentes calculou en 17 millóns de €) que suporía a adaptación das actuais liñas de ferro, por outras máis modernas e sostíbeis. As Xornadas concluíron que o ferrocarril é o medio máis seguro, eficiente e ecolóxico de transporte, e a única alternativa posíbel para soster de xeito racional a nosa mobilidade. |