Adega
INICIO Novas ADEGA Lugo visitará a "Porta do Alén" de Guitiriz este domingo
ADEGA Lugo visitará a "Porta do Alén" de Guitiriz este domingo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA Lugo visitará a "Porta do Alén" de Guitiriz este domingo a FaceBookEnvia ADEGA Lugo visitará a "Porta do Alén" de Guitiriz este domingo a Twitter

guitiriz1Lugo, 05 decembro de 2012.- Este domingo, 09 de decembro, ADEGA Lugo realizará un novo roteiro dentro do programa de andainas dedicado á "Galiza máxica". Desta volta, o roteiro levaranos á vila de Guitiriz na busca da "Porta do Alén". O percorrido, que será de 14 quilómetros,comezará coa visita ao “reloxo analemático” e o “recuncho da infancia” da vila. Á beira do Río Ladroil percorreremos parte da “Ruta da Auga” ata os “Sete Muíños”. Aquí enlazaremos coa “Ruta da Auga e a Pedra”.Estes treitos amosarannos fermosos elementos naturais e patrimoniais, moitos deles en deficiente estado de conservación. Trasladándonos á aldea de Vilares coñeceremos a casa de Díaz Castro, o poeta de Guitiriz. Tras a lectura dalgúns dos seus poemas, seguiremos camiño cara ao Buriz e remataremos o roteiro no petróglifo “As Calzadas” onde se conta que está “A porta do Alén”. Descarga o pdfCARTAZ.

PETRÓGLIFO “AS CALZADAS” - “PORTA DO ALÉN”

Este petróglifo está situado na parroquia do Buriz (ou Oburiz) no lugar da “Chousa das Calzadas”, a uns 500 m da igrexa parroquial. Considérase da idade de bronce e está gravado sobre unha gran masa granítica. Presenta coviñas, motivos circulares e un cuadriculado central irregular, enmarcado a dúas bandas por dúas figuras formadas por tres liñas curvas concéntricas. Segundo a lenda popular este gravado pode asociarse cunha unha porta ao Alén, a representación máis antiga de Europa dunha porta do “Hades” (lugar onde fican as almas dos mortos). Segundo o historiador André Pena esta porta “é o transito vertical ao submundo, reservado aos nobres e cabaleiros”. Outros elementos rituais desta parroquia son varias aras votivas que nos tempos da vella Kallaikia se adicaron aos “Lares Viales” (deuses dos camiños). Estas aras poden observarse en varios cruceiros que foron agrupados fronte á igrexa parroquial de San Pedro.


RUTA DA AUGA

É un suave paseo de aproximadamente 20 km pola natureza, historia, literatura e etnografía de Guitiriz, concello no que a auga tivo historicamente gran relevancia, principalmente polos seus usos medicinais. Transcorre á beira dos ríos Parga e Ladroil, dende a ponte de San Alberte (Sambreixo) ata a carballeira de Pardiñas. No seu punto de partida conflúen tres elementos destacables: unha ponte romana, unha capela gótica e unha fermosa paraxe de vexetación autóctona. Esta ruta enlaza o camiño norte de Santiago con tres fontes medicinais deste concello: Fonte Valdovín (Parga), Fonte de San Xoán (dentro do complexo termal de Lagostelle) e a Fonte de Pardiñas. Neste roteiro de ADEGA so percorreremos un tramo de 2 km desta ruta: dende Ponteveiga ata os “Sete Muiños”

 

RUTA DA AUGA E DA PEDRA

Principia na área recreativa dos “Sete Muíños” e transcorre á beira do río Escádebas ao longo de 2 km. A presenza de tantos muíños pon de manifesto a relevancia que tivo a auga para a poboación do lugar. O camiñante, ademais de gozar da fermosa vexetación, tamén se sorprenderá coa abondosa presenza de rochas na canle do río, así como cos cambios bruscos do seu trazado: alternando tramos suaves con pequenas fervenzas.

 

SAÍDA 

O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo ás 9 da mañá (Av. Ramón Ferreiro). É imprescindible anotarse chamando antes do sábado ao 679113718 ou ao 982240299.

 

PREZOS

Xeral: 15€

Estudantes, xubilados ou no paro: 12€

Socios/as: 10€

Menores de 17 anos: 5€

Recoméndase levar roupa e calzado axeitados e comida e auga para o camiño. O bo humor é cousa de

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA