Adega
INICIO Novas ADEGA recollerá sinaturas para a ILP de Residuos na Facultade de Maxisterio de Lugo
ADEGA recollerá sinaturas para a ILP de Residuos na Facultade de Maxisterio de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA recollerá sinaturas para a ILP de Residuos na Facultade de Maxisterio de Lugo a FaceBookEnvia ADEGA recollerá sinaturas para a ILP de Residuos na Facultade de Maxisterio de Lugo a Twitter

ILP-residuosLugo, 29 de Outubro de 2012.- A delegación de Lugo da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) estará o vindeiro mércores na Facultade de Formación do Profesorado, na Avenida de Ramón Ferreiro, desde as 10:30h ata ás 14.00 h para recoller sinaturas en contra da incineración e a favor da redución, reutilización e reciclaxe. Estas sinaturas son recollidas para unha iniciativa lexislativa popular (I.L.P.) que ADEGA, entre outros colectivos, está a levar a cabo desde mediados de xuño en toda Galiza.

O obxectivo que persegue esta campaña é dar forza xurídica á reciclaxe, frear e desbotar a incineración como sistema de tratamento de lixo que o Partido popular da Xunta quere perpetuar no país, e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade dunha xestión correcta e sustentábel dos seus residuos. Para que esta ILP se chegue a debater no Parlamento, débense recoller un mínimo de 15.000 sinaturas, polo que desde ADEGA animamos a toda a cidadanía de Lugo ou censada en Galiza a achegarse á Facultade de Maxisterio, ou a poñerse en contacto con ADEGA no 982240299.

Ademais da Facultade de Formación de Profesorado de Lugo, ADEGA xa percorreu varias facultades do Campus lucense para este cometido, como a de Veterinaria, Empresariais ou a Biblioteca e a Residencia universitarias. Nas vindeiras semanas seguirá colocando mesas de recollida de sinaturas noutros lugares da cidade da Muralla.

Máis info en: http://adega.gal/info/090121joomla/areas-tematicas/residuos-contaminacion/821-asina-a-ilp-contra-a-incineracion-e-pola-aplicacion-efectiva-dos-3r

Ou en: http://galizasenincineracion.wordpress.com/

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA