Adega
INICIO Novas Remata a primeira etapa da mostra "Rir, por non chorar" de ADEGA
Remata a primeira etapa da mostra "Rir, por non chorar" de ADEGA PDF Imprimir Correo-e
Envia Remata a primeira etapa da mostra "Rir, por non chorar" de ADEGA a FaceBookEnvia Remata a primeira etapa da mostra "Rir, por non chorar" de ADEGA a Twitter

carpa interior 2Lugo, a 11 de Xullo de 2012.- Onte rematou a súa primeira etapa a exposición itinerante de humor gráfico “RIR POR NON CHORAR” en terras de Lugo, tras inaugurarse ás 12 horas do día 3 de Xullo na Praza de San Marcos onde permaneceu até o día 10 de xullo. Tras desta primeira fase, a mostra percorrerá outros concellos da provincia de Lugo dos que se darán conta nos vindeiros días.

 

carpa autoresDende ADEGA valoramos esta primeira semana da exposición como moi positiva, non só pola afluencia de público á mesma, xa que se achegaron máis de 400 persoas, senón polas sensacións que os humoristas conseguiron trasladarlles a aquelas persoas que disfrutaron da exposición e así nolo fixeron saber. Tamén pequenos é grandes deixaron impronta do seu paso pola exposición cos seus debuxos e notas nos que animaban a continuar co noso traballo a prol da defensa do territorio galego.

ADEGA contou coa colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo para o lanzamento desta exposición itinerante na que participan humoristas gráficos e ilustradores de toda Galiza, entre os cales destacan: Pinto & Chinto, Leandro, Guitián, Calros Silvar, Alberto Okidoki, Almudena, Dávida, Idoia de Luxán, Mª Carmen Ferrín, Rooster, Sergio Covelo, Marcos Beltrán, Quico, Zamudio, Miguel Fernández, Jorge Alba, Alfredo López “Tokio”. Durante unha semana esta exposición brindou a todos os cidadáns unha oportunidade para achegarse as problemáticas ambientais galegas desde outro prisma, a través da ironía e a crítica.

Esta exposición está enmarcada dentro dos actos do Proxecto “Cultura e Territorio” que ADEGA leva a cabo durante este ano 2012, un proxecto cuxo obxetivo e divulgar as ameazas que se cernen sobre o noso patrimonio natural e cultural ademáis de buscar solucións e propostas realmente sostíbeis e equilibradas de respecto ao noso contorno.

Para máis información:

Anxo Manoel Lamelo, Montserrat Lombardía. Tlf: 982240299 ou no correo electrónico; Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA