Adega
INICIO Novas

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Novas de ADEGA-Ferrolterra


Pola defensa Fragas do Eume PDF Imprimir Correo-e
Envia Pola defensa Fragas do Eume a FaceBookEnvia Pola defensa Fragas do Eume a Twitter

15.04.2012. Pola defensa das Fragas do Eume. ADEGA apoia e participa na concentración convocada pola Plataforma en defensa das Fragas do Eume o domingo 15 ás 12h diante do concello da Capela. O acto desenvolverase baixo os lemas "Salvemos as Fragas, Solucións XA!” e “Arde Galiza, Feijoo responsable".

Intervirán o escritor Xabier P. Docampo, os viciños afectados, o vogal de ordenación do territorio e urbanismo de ADEGA Daniel L. Vispo, e o portavoz da plataforma Miguel Anxo Abraira.

PARTICIPADE!!!

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
1ª andaina polo río Baa PDF Imprimir Correo-e
Envia 1ª andaina polo río Baa a FaceBookEnvia 1ª andaina polo río Baa a Twitter

Ferrolterra. 14.04.2012. ADEGA colabora na organización da 1ª Andaina Polo Río Baa. O roteiro discorrerá polos concellos de Fene e Cabanas, cunha lonxitude aproximada duns 3,5 Km. Comezaremos na pista que transcorre paralela á autoestrada, e que une o Polígono Industrial de Vilar do Colo coa estrada que une Limodre e Laraxe. Dende aquí partiremos cara a Marco de San Lourenzo, onde faremos un pequeno alto para comentar a historia deste pedrón así como as tradicións que o rodean. Logo continuaremos o percorrido cara o Castro de Prismos, un dos castros mellor conservados de Galicia, onde faremos unha segunda parada para falar sobre esta construción pre-romana. Unha vez rematada a charla, partiremos cara o río Baa ata chegar ao Muíño de Petra onde faremos unha última parada para comer e falar do alto valor ecolóxico e paisaxístico que, inexplicablemente, aínda non goza de ningunha figura de protección. Para rematar coa andaina, voltaremos cara o punto de partida.

Contacto Serxio: 662428976
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Acción da Plataforma para a Defensa Fragas do Eume PDF Imprimir Correo-e
Envia Acción da Plataforma para a Defensa Fragas do Eume a FaceBookEnvia Acción da Plataforma para a Defensa Fragas do Eume a Twitter

Plataforma_Defensa_Fragas_Eume._Protesta.2012Pontedeume. 4.4.2012.  ACCION DA PLATAFORMA PARA A DEFENSA DAS FRAGAS DO EUME. Lugar: Centro de interpretación do Parque Natural das Fragas do Eume . Acción: -Presentación diante do Director do Parque dun grupo de voluntarios para prestarse a colaborar coa administración e os propietarios nas labores inmediatas conducentes a minimizar e paliar no posible os efectos do incendio no ecosistema do Parque Natural (monte, río e ría). -Entrega ao Director do Parque a Taboa reivindicativa da Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume (integrada por diversos colectivos , entre outros , por ADEGA)  para a defensa das Fragas do Eume.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Comunidado conxunto de ADEGA, a SGHN e Verdegaia encol do lume nas Fragas PDF Imprimir Correo-e
Envia Comunidado conxunto de  ADEGA, a SGHN e Verdegaia encol do lume nas Fragas a FaceBookEnvia Comunidado conxunto de  ADEGA, a SGHN e Verdegaia encol do lume nas Fragas a Twitter

Ferrol, 1 de abril de 2012. Dende ADEGA, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia queremos amosar a nosa solidariedade coa veciñanza dos Concellos de A Capela, As Pontes e Monfero que están a padecer as consecuencias directas dos incendios declarados durante a fin de semana e que afectan ao Parque Natural das Fragas do Eume e á zona de Anca. Así mesmo envíamos o noso apoio aos efectivos e persoas voluntarias que están a traballar nas labores de extinción. Sumadas unhas circunstancias meteorolóxicas desfavorables, o lume que afecta as Fragas do Eume é a consecuencia directa dunha política forestal baseada na falta de planificación e xestión forestal, así como o fomento de plantacións con especies que favorecen os incendios.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Limpeza praias en Doniños (Ferrol). Organizou Surfrider, colaborou ADEGA PDF Imprimir Correo-e
Envia Limpeza praias en Doniños (Ferrol). Organizou Surfrider, colaborou ADEGA a FaceBookEnvia Limpeza praias en Doniños (Ferrol). Organizou Surfrider, colaborou ADEGA a Twitter

Limpeza_Praia_Donios.1.2012Ferrol. 24.3.2012. Xornada de Limpeza de Praias. Doniños (Ferrol). . Organizado, como anos anteriores, por Surfrider Foundation e Ocean Surf Club, e coa colaboración do Concello de Ferrol, cidadanía en xeral e representación de membros de ADEGA na comarca.Extraidos 4 contenedores de lixo.

Informacion adicional: http://www.initiativesoceanes.org/index.php?&lang=3 http://desdelacroa.blogspot.com.es/2012/02/citas-iniciativas-oceano-2012.html

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Solidariedade de ADEGA cos mariscadores encausados polo bloqueo da ría de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Envia Solidariedade de ADEGA cos mariscadores encausados polo bloqueo da ría de Ferrol a FaceBookEnvia Solidariedade de ADEGA cos mariscadores encausados polo bloqueo da ría de Ferrol a Twitter

Entrada_gaseiro.Paralizacin.Xuizo_mariscadores.2012Ferrol, 22 de marzo de 2012. Os días 22, 26 e 28 de marzo nove mariscadores comparecerán diante do Xulgado do Penal de Ferrol polo acontecido en maio de 2007, cando promovido polo Comité Cidadán de Emerxencia, leváronse  a cabo as accións de protesta para impedir a entrada ilegal na ría dos primeiros gaseiros, cargados con GNL, rumbo a Reganosa e nas que participaron centos de persoas, entre outros varios representantes e membros de ADEGA na comarca de Ferrrol, algún deles testigos no xuizo. O fiscal impútalles delitos de resistencia e grave desobediencia á autoridade, e solicita penas que van até 3 anos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 29

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA