Adega
INICIO Novas

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Novas de ADEGA-Ferrolterra


O Tribunal Supremo danos a razón e considera ilegal a ubicación da Cementeira de Castro (Narón) PDF Imprimir Correo-e
Envia O Tribunal Supremo danos a razón e considera ilegal a ubicación da Cementeira de Castro (Narón) a FaceBookEnvia O Tribunal Supremo danos a razón e considera ilegal a ubicación da Cementeira de Castro (Narón) a Twitter

cementeira2Narón 7.10.2012. O Tribunal Supremo confirma a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarando a nulidade do Plan de Sectorización da parcela anexa ao polígono Río do Pozo en Narón na que está instalada a cementeira de Castro. Tras moitos anos de loita de veciños da zona, asociacións, colectivos ecoloxistas (ver http://adega.gal/index.php?option=com_content&;task=view&id=120&Itemid=295), con alegacións por parte de diversos colectivos (entre outros por parte de Adega), ao final o TSXG danos a razón.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Limpeza ríos en Ferrolterra 2012. Proxecto Ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia Limpeza ríos en Ferrolterra 2012. Proxecto Ríos a FaceBookEnvia Limpeza ríos en Ferrolterra 2012. Proxecto Ríos a Twitter

Limpeza rio Xuviaa.2012Ferrolterra 7.10.2012. Dentro do programa Proxecto Ríos, entre os días 29 de setembro e 6 de outubro realizáronse as tarefas de limpeza nas ribeiras dos ríos Xuvia, Baa, Castro e Cádabo coa organización e participación de diferentes colectivos como Néboa, Club Chivieira, AETNA, Concellos de San Sadurniño e Fene, membros de ADEGA e cidadáns en xeral.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Denuncia de ADEGA, SGHN, Verdegaia, AETNA,etc das agresións ao rio Baa PDF Imprimir Correo-e
Envia Denuncia de ADEGA, SGHN, Verdegaia, AETNA,etc das agresións ao rio Baa a FaceBookEnvia Denuncia de ADEGA, SGHN, Verdegaia, AETNA,etc das agresións ao rio Baa a Twitter

rio baaFerrol 2.10.2012. A Plataforma de defensa do río Baa, integrada polas sociedades: SGHN, ADEGA, Verdegaia, Plataforma da defensa dos camiños e Plataforma de afectados polo polígono industrial de Vilar de Colo DENUNCIAMOS públicamente a impunidade na que se están a producir graves agresións medioambientais no río Baa e o seu entorno:

-O río Baa desecado. Un desvío do caudal do río nos altos de Laraxe provoca que o cauce natural permaneza completamente seco nun tramo de máis dun quilómetro, ata que outros aportes o van recuperando paseniño.

-Alteración da capa freática. O deseño da autovía a Lavandeira rachou o perfil natural das brañas da cabeceira do río e provocou un desvío permanente dun importante caudal cara á bacía de Perlío.

-Vertedoiros incontrolados. En zonas próximas ao río, algunhas de humidais, nos concellos de Cabanas e de Fene, entre Laraxe e Os Casais, existen máis de dez puntos de vertedoiros incontrolados que invaden a zona de policía e aumentan en dimensións e número semana a semana.

-Tala da vexetación de ribeira.

-Depósito asfáltico. Centos de miles de toneladas de refugallos asfálticos contaminantes, procedentes de Holanda, seguen depositados nun terreo forestal de Cabanas invadindo a zona de policía do río .

Denuncia_Rio_Baa.2012.doc

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
ADEGA denuncia unha vertedura de augas fecais no río Sardiña PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA denuncia unha vertedura de augas fecais no río Sardiña a FaceBookEnvia ADEGA denuncia unha vertedura de augas fecais no río Sardiña a Twitter

Vertedura rio sardina bFerrol, 1 de Outubro de 2012.- A delegación de Ferrolterra denunciou unha vertedura de augas fecais que se está a producir no río Sardiña. A citada vertedura prodúcese a través dun tubo de augas pruviais no punto no que este río se cruza coa estrada de Xoane.

Esta vertedura é unha de tantas das que se están producir na comarca, que non fai máis que aumentar a contaminación que chega á Ría. Neste caso, e ao producirse nun río, unha zona máis sensible á contaminación, é aínda máis grave. Ademáis, este tramo de río onde se produce a vertedura é unha zona ben conservada, que mantén unha vexetación e fauna saudables, gracias ao esforzo dalgúns viciños que se encargan de limpar a zona.

Ademáis, ADEGA quere recordar que segue sen estar en funcionamento a EDAR de Prioriño, que inicialmente ía estar rematada no ano 2000, e que acumula xa un retraso de 12 anos. Tamén quere alertar que moitas das canalización de augas fecais non están conectadas co tubo colector que as levará á EDAR, e que moitas das infraestructuras que se construiron esta canalización (como as bombas para impulsar estas augas para a EDAR) estarán xa obsoletas cando entre en funcionamento a EDAR. Tamén quere resaltar que moitas canalizacións seguen a ser conxuntas de augas pluviais e fecais, cando xa deberían estar separadas.

Unha vez máis, esta nova vertedura pon de manifesto, a deixadez por parte do Concello e a empresa de augas municipal (EMAFESA) no control dos entubados de augas pluviais e fecais, a nefasta xestión de residuos que está a levar a cabo tanto a xunta como o goberno español.

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
ADEGA, SGHN e Verdegaia contra as declaracións do prsdte de Augas de Galicia có asunto As Pontes PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA, SGHN e Verdegaia contra as declaracións do prsdte de Augas de Galicia có asunto  As Pontes a FaceBookEnvia ADEGA, SGHN e Verdegaia contra as declaracións do prsdte de Augas de Galicia có asunto  As Pontes a Twitter

lagoapAs Pontes 1.9.2012. ADEGA, SGHN e Verdegaia expresamose a total disconformidade coas declaracións do Presidente de Augas de Galicia, nas que manifestaba non ter constancia de que se lle solicitaran datos sobre a calidade das augas que enchen o oco da antiga mina de lignito das Pontes. Cando menos en cinco ocasións no último ano, enviamos cartas, solicitudes e escritos con rexistros de entrada diante de Augas de Galiza . Nembargantes, a resposta foi cero. ADEGA Verdegaia e a SGHN solicitamos que se teñan en conta os nosos criterios, baseados fundamentalmente nas investigacións levadas a cabo pola Universidade de Compostela e expostas no proxecto do enchido, que, tendo en consideración o principio de cautela, se supervise por un equipo independente da empresa os resultados emitidos por esta e que se certifique que no momento da entrega do espazo á Xunta de Galiza os obxectivos acadados coincidan cos previstos no proxecto. En caso contrario, ENDESA debe facerse responsable dos custes orixinados para as enmendas precisas co fin de acadar que a entrada da auga no Eume se faga en condicións satisfactorias.  Información adicional: http://adega.gal/info/090121joomla/novas-adega-ferrolterra/829-adega-verdegaia-e-a-sghn-cuestionan-a-calidade-das-augas-que-enchen-a-antiga-mina-das-pontes

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Propostas de ADEGA ao proxecto de mellora enerxética A. Sanitaria Ferrol. Solicitude uso renovables. PDF Imprimir Correo-e
Envia Propostas de ADEGA ao proxecto de mellora enerxética A. Sanitaria Ferrol. Solicitude uso renovables. a FaceBookEnvia Propostas de ADEGA ao proxecto de mellora enerxética A. Sanitaria Ferrol. Solicitude uso renovables. a Twitter

Paneis solares.2012Ferrol 29.8.2012. Adega na comarca de Ferrol, volve a insistir diante da Consellería de Sanidade, para que no proxecto de mellora enerxética do Area Sanitaria del  Ferrol se usen enerxías renovables. Adega na comarca de Ferrol,volve a presentar solicitude ante o Servizo Galego de Saúde,  para que no actual proxecto de mellora enerxética do Area Sanitaria del  Ferrol, que fundamentalmente se basea na renovación do sistema de caldeiras e aprovisionamento a gas, se implemente o uso de enerxías renovables (solar, xeotérmica,....) na instalación do novo equipamento en consonancia coas novas directrices estatáis e europeas respecto a aforro e eficiencia enerxética e coa protección do medioambiente.

En febrero 2012, dende ADEGA presentamos alegacións ao proxecto http://adega.gal/info/090121joomla/novas-adega-ferrolterra/707-propostas-de-adega-ao-proxecto-de-mellora-enerxetica-da-area-sanitaria-ferrol no sentido que se pode aproveitar esta oportunidade de renovar ou sistema enerxético dos hospitáis, para impulsar ou uso de enerxías renovables, sen ter resposta algunha ás nosas propostas.

Antes de que se leve a cabo a execución do proxecto , dende ADEGA, solicitamos que se de prioridade na concesión da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipos, do Hospital Arquitecto Marcide e do Hospital Naval de Ferrol aos proxectos que incorporen iniciativas de instalación e uso de enerxías renovables, o cal sería beneficioso tanto dende ou punto de vista económico como ambiental e de saúde

Suministración_enerxética_a_hospitáis_Area_Sanitaria_Ferrol._Aportacións_de_ADEGA.agosto.2012.pdf

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 29

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA