Ferrol 22.2.2013. Recollidas de sinaturas e actividades dos colectivos contra a trazado do tren ao porto exterior de Ferrol a través da propia ría de Ferrol. Tra-la recente asamblea dos colectivos (máis de 30, entre eles Adega..) que estamos a prol de defender a ría de Ferrol da “agresión” que suporía a ponte e recheos na propia ría po-lo trazado do tren ao porto exterior, e tras contactos con diferentes administración, creouse un blog e editouse un vídeo coa problemática desta nova agresión á ria :
http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es/2013/02/video-o-que-esconde-o-viaducto-do-tren.html) e estase agora nunha campaña de recollida de sinaturas e concienciación cidadá. A data desta nova, e tras case 3 anos, seguen sen resposta por parte do ministerio de Fomento as alegacións presentadas por Adega a tal proxecto.
|