![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
O cinismo da Xunta coa Frouxeira: Declárana "humidal sensíbel" mentres a baleiran con excavadoras |
![]() |
![]() |
![]() |
É indecente que a propia Consellería de Medio Ambiente declare agora a Frouxeira como unha “zona sensíbel” cando é a propia Consellería a que adica cartos públicos a abrir reiteradamente con maquinaria pesada este humidal para desecalo (eufemísticamente “baixar o nivel hidrolóxico”) sen ningún tipo de criterio ambiental, á marxe da lei e guiada só por intereses urbanísticos.
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza dí que abre a lagoa seguindo as indicacións dun suposto “Plano de Conservación do Humidal”, documento que non fixo público nen foi publicado no DOG, e portanto, de existir estariase aplicando á marxe da lei. É moi revelador que a ocultación deste documento por parte da D. X. de Conservación, incumprindo a lei de acceso á información ambiental, fixera que o Valedor, ao que acudíu ADEGA en demanda de amparo, admitira a trámite unha queixa contra a Xunta. A Frouxeira non necesita que se lle declare nada máis do que é, un Humidal de Importancia Internacional, con 4 figuras máis de protección. Só precisa que se lle aplique a normativa ambiental vixente e que a Consellería deixe de actuar á marxe da lei no referente á conservación deste espazo. A situación creada neste humidal é un exemplo da incompetencia da Xunta, que semella querer en acabar cos valores naturais que levaron á protección desta área. É indignante contemplar como moitos labores da destrución e degradación de humidais e outros espazos protexidos, execútaos a propia administración e realízanse con cartos públicos. |