Recollida de sinaturas a prol da ILP contra a incineración Imprimir
Envia Recollida de sinaturas a prol da ILP contra a incineración a FaceBookEnvia Recollida de sinaturas a prol da ILP contra a incineración a Twitter

Incineracion. ILP.2012Ferrol 27.10.2012. A delegación de Ferrolterra de ADEGA coa colaboración de Verdegaia e a Sociedade Galega de Historia Natural recollimos sinaturas en contra da incineración e a favor da reducción, reutilización e reciclaxe. Estas sinaturas son recollidas para unha iniciativa lexislativa popular (I.L.P.) que ADEGA, entre outros colectivos, está a levar a cabo dende mediados de xuño en toda Galiza. tamén colaborarán no acto.  O obxectivo que persigue esta campaña é dar forza xurídica á reciclaxe, desbotar a incineración que pretende o PP, e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade dunha xestión correcta e sustentábel dos seus residuos. Para o seu debate no Parlamento, débense recoller un mínimo de 15.000 sinaturas. Información adicional: http://adega.gal/info/090121joomla/areas-tematicas/residuos-contaminacion/821-asina-a-ilp-contra-a-incineracion-e-pola-aplicacion-efectiva-dos-3r

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com