![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Denuncia de ADEGA, SGHN, Verdegaia, AETNA,etc das agresións ao rio Baa |
![]() |
![]() |
![]() |
-O río Baa desecado. Un desvío do caudal do río nos altos de Laraxe provoca que o cauce natural permaneza completamente seco nun tramo de máis dun quilómetro, ata que outros aportes o van recuperando paseniño. -Alteración da capa freática. O deseño da autovía a Lavandeira rachou o perfil natural das brañas da cabeceira do río e provocou un desvío permanente dun importante caudal cara á bacía de Perlío. -Vertedoiros incontrolados. En zonas próximas ao río, algunhas de humidais, nos concellos de Cabanas e de Fene, entre Laraxe e Os Casais, existen máis de dez puntos de vertedoiros incontrolados que invaden a zona de policía e aumentan en dimensións e número semana a semana. -Tala da vexetación de ribeira. -Depósito asfáltico. Centos de miles de toneladas de refugallos asfálticos contaminantes, procedentes de Holanda, seguen depositados nun terreo forestal de Cabanas invadindo a zona de policía do río . |