Adega
INICIO Novas A Natureza deixa en evidencia a incompetencia da Xunta na Frouxeira

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

A Natureza deixa en evidencia a incompetencia da Xunta na Frouxeira PDF Imprimir Correo-e
Envia A Natureza deixa en evidencia a incompetencia da Xunta na Frouxeira a FaceBookEnvia A Natureza deixa en evidencia a incompetencia da Xunta na Frouxeira a Twitter
Valdoviño, 30 de xaneiro de 2012. Os recentes feitos acontecidos na lagoa da Frouxeira, que esta mañán desaugábase de xeito "espontáneo" pola acción do océano e dos bulldozers mentres a Xunta teimaba en construir unha canle artificial noutro punto, reflicten perfectamente á actuación da administración neste caso: Improvisación, incompetencia, a chafallada como norma, ocultación de información, falta de respecto polas leis e o Parlamento...  Nas vésperas do Día Mundial dos Humidais (2 de febreiro), a Xunta está a ofrecer ao mundo un pésimo exemplo de xestión destes sensibles ecosistemas e retrátase como o principal factor para a degradación dos nosos humidais. Así as cousas, e como xa reclamara a 36 Asemblea de ADEGA hai unhas semanas, Feijóo debería considerar a supresión da Dirección Xeral de Conservación e o cese dos seus responsábeis: cando menos as desfeitas que provoquen non se pagarán con cartos públicos.

COMUNICADO DE ADEGA

1. Denunciamos a incomprensíbel e irresponsábel vulneración do acordo do Parlamento galego por parte da Xunta de Galiza, en concreto da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, que instaba ao governo a buscar unha xestión racional e coherente cos obxectivos de conservación deste humidal e a non autorizar con carácter cautelar novas aperturas da lagoa (e menos por medios mecánicos).

2. Denunciamos a actitude reiterada de ocultación de información practicada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, sobre os proxectos, estudos, seguementos, etc. nos que dicían basear a súa recente e brutal intervención neste espazo, e que constitúe un claro incumprimento da Lei 27/2006 de acceso á información ambiental.

3. Denunciamos a pasividade dunha administración que durante case 2 anos, fixo deixadez da súa obriga legal e non interveu nen executou medidas para corrixir as agresión ocasionadas na lagoa e reparar os defectos construtivos dun paseo marítimo somerxible e dunha rede de saneamento irracional.

4. Denunciamos a aberración dunha obra faraónica (a construción dunha canle artificial) claramente inadecuada para un humidal que ten cinco figuras de protección, obra que supuxo un elevadísimo despilfarro de cartos públicos e unha inxustificábel e posibelmente irreparábel artificialización deste ecosistema (alteracións nos hábitats prioritarios, transformación radical da xeomorfoloxía -remoción da barreira areosa e destrución do substrato rochoso-, danos nas dunas e na flora protexida.... Estas actuacións constituiron un auténtico atentado ecolóxico e ao cabo, resultaron inúteis: A natureza deixou finalmente co cú ao aire á Xunta, abrindo unha canle por un lugar distinto do escollido pola administración para meter as palas, nunha zona degradada previamente polas máquinas. A maiores, as delirantes obras, pola súa improvisación e deficiente sinalización, constituiron un grave risco para a cidadanía que puido verse sorprendida pola repentina e violenta avenida provocada pola apertura da canle natural.

5. Denunciamos que a situación creada tras a apertura de hoxe volve a situarnos nas pésimas condicións tras a intervención da Xunta en 2009, sendo previsíbel a repetición dun novo e longo periodo no que a lagoa ficará desecada e sometida á influencia oceánica directa, alongando no tempo as distorsións sobre este humidal protexido.

Perante estes feitos, ADEGA ademáis de solicitar aos organismos internacionais (Oficina Ramsar e Comisión Europea) a depuración de responsabilidades pola nefasta xestión deste espazo, e de reservármonos as accións xudiciais oportunas para defender a legalidade vulnerada pola Xunta, esiximos a dimisión/cese inmediato do Director Xeral de Conservación da Natureza señor García-Borregón. En vésperas do Día Mundial dos Humidais (2 de febreiro), a Xunta ofrece ao mundo un pésimo exemplo de xestión e retrátase como o principal factor para a degradación destes sensibles ecosistemas.

ADEGA seguirá defendendo unha xestión racional para este espazo, que debería orientarse a eliminar todas as intervencións negativas (paseo marítimo inadecuado, presión urbanística...) As medidas de conservación, lonxe da improvisación e do desleixo amosado pola Xunta, deberían basearse en evitar calquera interferencia na súa dinámica natural, tal como se desprende das publicacións científicas de expertos como Xenaro Dalda e Xabier Sóñora . Isto é: coñecemento, planificación e respecto polo medio natural e as leis que o protexen fronte á improvisación, á incompetencia, e á chafallada como norma de actuación que exibiu a Xunta.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA