Celebrouse a Asamblea Comarcal de Adega Coruña |
O pasado sábado día 24 de marzo celebrouse a asamblea comarcal de Adega Corunha. No acto, deuse lectura e aprbouse a acta da asamblea anterior, e presentáronse o informe de xestión e o informe de finanzas.Posteriormente fíxose un repaso das principales problemáticas abordadas ao longo destes dous anos (vídeo: https://vimeo.com/39217001) e marcouse o plano de actuación para este ano. Acordouse seguir na liña de realización de actividades no marco do Proxecto Ríos, en torno á ría do Burgo, a participación na Plataforma pola Mobilidade e outras actividades. Tamén se levou a cabo a renovación da directiva local, que quedou como segue: Amancio Sotillo, presidente Pablo Leira, secretario executivo Macías López, tesoureiro Vogais: Sigrid Bouzón, Sara García, Fina Bastón, Carmela Diz, Pepa P. Sañudo Ao remate do acto proxectouse un pequeno vídeo sobre as actividades levadas a cabo neste tempo, que podedes ver neste enlace: https://vimeo.com/39217001
|