Adega
INICIO Novas Somos cidade!
Somos cidade! PDF Imprimir Correo-e
Envia Somos cidade! a FaceBookEnvia Somos cidade! a Twitter

somoscidade

O próximo mércores 8 de febreiro a Plataforma pola Mobilidade, da que ADEGA forma parte, vai levar a cabo unha actividade para reivindicar a necesidade dun transporte eficiente, ecolóxico, xusto e sostible que axude a minimizar os problemas de mobilidade, ruído e contaminación que sofre a nosa cidade.

O acto consistirá en repartirnos en grupos e xuntarnos en puntos comúns para subir ás distintas liñas de bus para falar coas cidadás e cidadáns que viaxan nel sobre a necesidade dun transporte público para tod@s e repartir este tríptico con información entre os usuarios interesados. Animádevos a participar desde a parada que queirades, estableceranse distintos grupos dependendo da xente coa que contemos polo que a vosa participación é moi importante!

Os grupos iranse actualizando no blog http://plataformapolamobilidade.blogaliza.org/. Ao final, tod@s converxeremos na praza de Pontevedra onde terá lugar un pequeno acto. Ven e participa, entre tod@s faremos cidade!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

logo-plataforma-burgo

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA