Adega
INICIO Novas O domingo 23 celebrouse a 1ª travesía en piragua pola ría do Burgo
O domingo 23 celebrouse a 1ª travesía en piragua pola ría do Burgo PDF Imprimir Correo-e
Envia O domingo 23 celebrouse a 1ª travesía en piragua pola ría do Burgo a FaceBookEnvia O domingo 23 celebrouse a 1ª travesía en piragua pola ría do Burgo a Twitter

travesia_piragua_1

A Coruña, 23 de outubro de 2011. Este domingo 23 celebrouse a Iª travesía en piragua pola rexeneración da ría do Burgo. A xornada lúdico-reivindicativa comezou con alerta laranxa e fortes rachas de vento, o cal obrigou a cancelar a proba nas categorías popular e infantil pola seguridade dos participantes. Pero os padexeiros absolutos meterónse na ría deleitando ao numeroso púbrico asistente e demostrando a utilidade da ría como sitio de recreo e lugar de encontro. A boa acollida da iniciativa fai pensar nunha 2ª edición o próximo ano.

A alerta laranxa obrigou a reducir tamén a metade o percorrido, xa que chegando a Ponte Pasaxe a mar podería ser perigoso para os padexeiros, polo que só chegaron á altura do miradoiro da ría do Burgo, dando dúas voltas, nas que a xente que se achegou esta xornada ata o paseo puido ver as distintas modalidades de piraguas participantes (c1, k1, k2) coas súas correspondentes técnicas. Ao remate da xornada houbo uns petiscos para os participantes e o público que serviron para recuperar forzas.

travesia_piragua_2Tralo éxito da convocatoria, na que inicialmente se contaba con 130 inscritos nas tres categorías, 25 na infantil, 80 na popular e 25 na absoluta é máis que probable que ADEGA organice o ano que ven unha nova travesía pola rexeneración da Ría do Burgo para continuar reivindicando este ben natural tan accesible e cercano.

Enlace ás fotos da xornada.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

logo-plataforma-burgo

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA