Adega
INICIO Novas ADEGA participará na II Mostra Intercultural Solidaria De Cambre co lema "MÓVETE POLO TERRITORIO"
ADEGA participará na II Mostra Intercultural Solidaria De Cambre co lema "MÓVETE POLO TERRITORIO" PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA participará na II Mostra Intercultural Solidaria De Cambre co lema "MÓVETE POLO TERRITORIO" a FaceBookEnvia ADEGA participará na II Mostra Intercultural Solidaria De Cambre co lema "MÓVETE POLO TERRITORIO" a Twitter

A Coruña, 16 de xuño de 2011. A asociación ecoloxista ADEGA presentará na comarca a súa campaña “Ponte no Medio. Móvete polo territorio” o próximo sábado día 18 de xuño ás 13.00 horas no centro sociocultural O Graxal, ubicado na rúa Rosalía de Castro (O Graxal, Cambre). Esta presentación terá lugar no marco da celebración da II Mostra Intercultural Solidaria de Cambre, que terá lugar ao longo do próximo fin de semana, e onde estarán presentes diversas entidades asociadas ao mundo da cooperación e a solidaridade.

A campaña “Ponte no Medio. Móvete polo territorio” pretende, por unha banda, reunir nun movemento social común a todos aqueles colectivos e entidades que están a denunciar illadamente a destrución e ameazas que está a sufrir o territorio galego en todos os seus ámbitos (espazos naturais, medio rural, litoral e rías, paisaxe, bacías fluviais, desenvolvemento urbanístico, infraestruturas viarias e patrimonio histórico-cultural); e, por outro, instar ás administracións públicas a tomar medidas concretas cara a unha ordenación do territorio sustentable. Do mesmo xeito, ADEGA anima á sociedade galega a reaccionar ante os innumerables casos de deterioro e degradación ambientais que se están a producir actualmente coa conivencia das administracións públicas de todos os ámbitos, nomeadamente pola actual Xunta de Galicia, co único propósito de favorecer intereses privados.

Trala presentación, na que se dará lectura ao manifesto, abrirase un coloquio co público asistente no que se debatirá sobre o estado do territorio e as posibles actuacións a levar a cabo. Ademáis ADEGA ofrecerá información durante toda a fin de semana no seu posto en dita feira, que terá lugar no polideportivo do Graxal en horario de 11 a 14 e de 18 a 21 ambos días.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

logo-plataforma-burgo

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA