Adega
INICIO Novas ADEGA apoia a concentración convocada pola A.V.N.A. o 22 de marzo as 15:30 no Concello de Culleredo
ADEGA apoia a concentración convocada pola A.V.N.A. o 22 de marzo as 15:30 no Concello de Culleredo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA apoia a concentración convocada pola A.V.N.A. o 22 de marzo as 15:30 no Concello de Culleredo a FaceBookEnvia ADEGA apoia a concentración convocada pola A.V.N.A. o 22 de marzo as 15:30 no Concello de Culleredo a Twitter

alvedro

A Coruña, 20 de marzo do 2011. Ante o inminente levantamento de actas de expropiación aos veciños afectados pola obra faraónica da ampliación de Alvedro, a Asociación de Veciños Afectados pola Ampliación do Aeroporto de Alvedro decidiu convocar unha concnetración o día 22 de marzo as 15:30 diante do concello, coincidindo coa chegada dos técnicos de Alvedro.

ADEGA decide apoiar esta concentración porque segue a considerar esta obra destrutiva, innecesaria e froito da especulación máis dura, e que se se chegase a realizar esta obra tería un gran impacto medio-ambiental na comarca da Coruña. Por eso pedimos a inmediata paralización do proceso e a clasidiacación de Alvedro como aeroporto urbano, e a inversión do presuposto da ampliación en crear trens de cercanías na comarca da Coruña que servan para atallar os verdadeiros problemas de mobilidade. Así mesmo ADEGA quere expresar a súa solidaridade cos veciños afectados tanto directa como indirectamente.

ADEGA quere remarcar a importacia do uso responsable e rigoroso do orzamento público, xa que consideramos avergoñante que mentras dende o goberno do estado se está a recoñecer o problema do malgasto enerxético da sociedade, facendo medidas que impulsen o aforro como pode ser a redución da velocidade nas autovías, por outro lado seguen a impulsar obras caprichosas q van xusto na dirección contraria ao aforro enerxético, demostrando a incoherencia e a pouca seriedade da actual dirección do ministerio de fomento.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

logo-plataforma-burgo

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA