![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Homenaxe aos ríos galegos na Eira da Xoana |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() Centos de persoas participaron da homenaxe que ADEGA lle quixo brindar aos ríos de Galiza nun acto simbólico polo cal se mesturaron nun mesmo lugar as augas de preto de 30 ríos pertencentes a diferentes espazos da nosa xeografía. Con este xesto, ADEGA quixo representar a unidade de toda a sociedade galega na defensa e protección dos ríos como fonte de vida e a vontade colectiva para seguir loitando contra as ameazas ás que a diario están sometidos: vertidos, desvíos, canalizacións, paseos fluviais agresivos, autoestradas e outras infraestruturas, encoros, minicentrais, urbanizacións, etc.
Os escritores Xosé Luis Santos e Xesús Pereiras contribuíron a este acto con recitais dedicados ao Ulla e, nomeadamente, ás Torrente do Mácara, onde hai anos se pretendían construír varias centrais hidroeléctricas e onde hoxe en día se celebran os campionatos galegos de kaiak extremo. Adela Figueroa, pola súa parte, dedicou varios poemas aos ríos Miño, Sil e Lor. Outros, preferiron render homenaxe cantando aos ríos como fixo o pescador Antón Cotos. O evento contou ademais coa presenza do recoñecido debuxante da natureza , Calros Silvar, e de expertos en fauna fluvial como Carlos Miguélez do Centro Ictioxénico do Carballiño, quen deu o seguinte dato: “das 2.000 especies de vertebrados que viven nos ríos catalogados no Estado español, 1.600 viven nos ríos galegos e 30 especies de larvas son autóctonas de Galiza”. Co caldo resultante da mestura das augas procedentes dos diferentes ríos galegos, ADEGA regará as árbores que pretende plantar na Eira da Xoana con motivo do Día Mundial da Árbore, o vindeiro 2 de abril. |