![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
ADEGA inicia a custodia fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() A proposta de traballo deste proxecto baséase na inspección das condicións ecolóxicas dos ríos, realizada por voluntarios/as locais (centros de ensino, equipamentos de Educación Ambiental, grupos de amigos, asociacións, pescadores, concellos, ONGs, etc), responsábeis da vixilancia e protección do treito do río que seleccionan. Para a realización da inspección se lles entregará aos participantes un material totalmente gratuíto que inclúe un manual de inspección, fichas identificativas (macroinvertebrados, peixes, mamíferos, vexetación de ribeira, árbores e arbustos, anfibios, réptiles, e patrimonio etnográfico), así como material para a análise físico-químico da auga, que facilitarán o estudo do ecosistema fluvial.
As inspeccións realizaranse en dúas campañas, a de primavera e a de outono con axuda da equipa de educación ambiental de ADEGA. Os/as participantes remitirán os resultados obtidos na inspección a sede do Proxecto Ríos, cos que se elaborará un informe anual do estado de saúde das bacías do Ulla, Umia e Lérez.
Será na segunda fase do proxecto onde se promoverán actividades de custodia fluvial desenvolvidas polo voluntariado Poderán realizarse diferentes accións de mellora do ecosistema fluvial ou de posta en valor do patrimonio etnográfico.
Podes descargarte aquí tanto un
![]() ![]() Para mais información podedes contactar coa persoa responsábel do proxecto: |