![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
ADEGA e o Foro do Camiño Primitivo recuperarán un treito da vía histórica no concello de Toques |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() ![]()
O grupo de voluntarios e voluntarias partirá as 11.00 horas desde a Praza do Convento do Concello de Melide cara ao lugar de actuación. Para participar é preciso chamar previamente ao 982240299 ou 638475322. Actuación oportuna
Esta actuación “in situ” que pretende reafirmar dun xeito práctico o principio fundamental, segundo o cal, debe ser o rigor histórico quen determine legalmente a delimitación oficial das rotas con recoñecemento documental, concretándose tecnicamente a realidade xeográfica e autenticidade de cada tramo (criterio esencial na súa declaración como patrimonio mundial pola UNESCO), coincide coa exposición ao público do expediente de delimitación do Camiño Francés.
Con esta actuación, os colectivos participantes poñen de manifesto que non permitirán novas adulteracións do itinerario físico nos camiños históricos, nin a creación de vías alternativas sen o necesario aval científico ou a postergación da calzada primitiva, lembrando que estes feitos veñen precedidos polo gravísimo atentado que no seu día destruíu o camiño empedrado nas inmediacións da Pena Ferrada (pola Leira das Calzadas e O Francés), debido ás obras de apertura dunha estrada por este mesmo itinerario, aproveitando fondos europeos do Plan Leader Plus Portodemouros para destruír o patrimonio camiñeiro, iniciativa bochornosa que foi responsabilidade do anterior equipo de goberno do Concello de Toques e do seu ex-alcalde. A todo isto súmase a satisfacción pola recente sentenza do Tribunal Supremo contra o proxecto de explotación dunha mina promovida pola empresa Cuarzos Industriales S. A. nos lugares de Merlán e Hospital do territorio histórico do Camiño Primitivo ás portas da Terra de Melide, facendo prevalecer a tutela do medio ambiente e a defensa da cultura sobre os intereses especulativos, resolución que consideramos exemplarizante. ROTEIRO E MAGOSTO
![]() A xornada rematará cun magosto na Eira da Xoana, centro de recuperación da cultura popular de ADEGA, situado na parroquia de Ramil (Concello de Agolada), no que ademais das castañas, se poderán degustar empadas e queixos da zona e se gozará da música tradicional. |