Crónica do I Curso de verán da UDC sobre deseño e xestión de proxectos locais de conservación Imprimir
Envia Crónica do I Curso de verán da UDC sobre deseño e xestión de proxectos locais de conservación a FaceBookEnvia Crónica do I Curso de verán da UDC sobre deseño e xestión de proxectos locais de conservación a Twitter

8 de xullo de 2013. Os días 2, 3, 4 e 5 de xullo ADEGA organizou, dentro da programación de verán da UDC, a primeira edición do curso de verán sobre o deseño e xestión de proxectos de conservación a nível local. Tras adicar as dúas primeiras sesións a achegarnos á problemática ambiental do país e coñecer as figuras de protección, lexislación e ferramentas para desenvolver un proxecto de conservación, esta pasado xoves 4 puidemos coñecer in situ como se desenvolven algunhas iniciativas de conservación e aproveitamento sustentábel máis singulares do país. O concello de Carnota concentra tres delas: Mardelira e o seu proxecto de reserva mariña (Lira); a coop. Rainha Lupa de agricultura ecolóxica en Quilmas e a asociación Monte Pindo Parque Natural (O Pindo). A última xornada adicouse a coñecer diversos proxectos de custodia do territorio, unha fórmula que permite manter os usos compatíbels dun territorio e os seus valores naturais, sendo a mesma poboación residente quen terma da súa conservación. Dende ADEGA queremos agradecer a extraordinaria acollida deste curso e o entusiasmo do alunado participante. Ligazón ao Álbum Web da saída de campo.

O medio ambiente e sobre todo a xestión de espazos naturais e a súa conservación ten implicacións en diferentes eidos, como a investigación, a comunicación, a bioconstrución, a creación de emprego verde… O curso estivo dirixido a todo o público interesado na problemática ambiental con aplicación ao nível local, en particular aos membros das ONGs e aos profesionais e cargos públicos da administración local, así como ao alunado da UDC e en particular ao de ciencias, ciencias da comunicación, ciencias da saúde, economía e empresa, socioloxía, turismo e dereito. Eis o PROGRAMA

CursoUDC2013Obxectivos:

- Divulgar os principais problemas ambientais globais e locais, nomeadamente os relativos á conservación da diversidade natural.
- Fomentar programas e proxectos que dende o ámbito local poidan contribuír a conservación da biodiversidade.
- Divulgar diferentes ferramentas de xestión así como experiencias de conservación desde os municipios.
 
PROGRAMA:
Martes 2 de xullo
9.30h – 14.30h. Introdución: Problemática do medio natural.
-Do local ao global
-Interese da conservación
-Visita a proxectos de conservación no campus da UDC (Oficina de Medio Ambiente)
Profesorado:
Lucia Parente, técnica de ADEGA
Manuel Soto Castiñeira, profesor da UDC.
Elvira Sahuquillo Balbuena, profesora da UDC.
 
Mércores 3 de xullo
9.30h – 14.30h. Figuras e instrumentos legais de conservación. Estratexias e ferramentas de conservación. Elaboración e deseño de programas de conservación
Profesorado:
Fins Eirexas, sec. executivo de ADEGA
 
Xoves 4 xullo
10.00h – 18.00h. Visita a dous proxectos de custodia e conservación marítima e terrestre
-MardeLira
-Coop. Agroecolóxica Rainha Lupa (Quilmas)
-Asoc. Monte Pindo Parque Natural
Guías:
José M. Parada (O canto da Balea)
Xosé M. Casais (Coop. Rainha Lupa, Quilmas)
Mario Maceiras (Monte Pindo Parque Natural)
María Rodríguez Lafuente (ADEGA)
 
Venres 5 xullo
9.30 – 14.30- Conservación e participación social
-Iniciativas e experiencias: a custodia do territorio
-Iniciativas e experiencias de conservación da biodiversidade
Profesorado:
Ramsés Pérez, educador ambiental de ADEGA
Francisco Bañobre, educador ambiental de ADEGA

Na parte práctica, tivemos a oportunidade de coñecer diversas experiencias de conservación como son os propias proxectos no campus da UDC, e adicamos unha xornada a coñecer diferentes proxectos de custodia marítima quer o caso de Mardelira e de custodia terrestre quer o da coop. agroecolóxica Rainha Lupa (Quilmas). Tamén tivemos a oportunidade de coñecer o movemento social da Asoc. Monte Pindo Parque Natural que traballa para conseguir unha figura de protección a este espazo.

Finalmente, reiterar as grazas a todos/as os participantes e organización, e lembrarlles que poden descarregar toda a documentación do curso, así como outros documentos de interese no cartafol remorto cuxa ligazón recibistes ao principio do curso.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com