Redondela, 15 de xuño de 2009. A falta de previsión do Dpto. de Xestión de Patrimonio do Estado coas obras de instalación dunha
rede de protección no antigo viaduto do tren en Redondela, causou
graves danos a unha colonia de mais de 80 niños de
andoriñas de cu branco (
Delichon urbica) e
cirrios (
Apus apus), unha das maiores da provincia. Ambas especies insectívoras están en regresión e están catalogadas como de
interese especial no Catálogo Español de Especies Ameazadas. Hai uns días, e ante a insistencia dos compañeiros/as de
ADEGA-Vigo, abríronse finalmente uns
buratos na rede, como solución para que as andoriñas puideran alimentar ás súas crías. Pero moitos niños estaban xa perdidos porque os pitos morreron de fame logo de días sen comer.