Os representantes ecoloxistas pedimos optimizar a depuradora de Ons denantes de construir unha nova Imprimir
Envia Os representantes ecoloxistas pedimos optimizar a depuradora de Ons denantes de construir unha nova a FaceBookEnvia Os representantes ecoloxistas pedimos optimizar a depuradora de Ons denantes de construir unha nova a Twitter
EDARonsVigo, 5 de xullo de 2011. A Xunta vai construir unha nova depuradora en Ons nun treito de costa virxe. Mais en Ons xa existe unha depuradora que, por falla de mantemento e limpeza por parte da concesionaria (a miúdo son os propios vixiantes do parque os que efectúan estes traballos), é orixe de verteduras e cheiros. Para evitar molestias aos turistas a administración vai investir 227.000€ en construir unha nova na punta Figueira Brava, unha zona de alto valor paisaxístico. Os representantes ecoloxistas no Padroado esiximos á administración que dé exemplo de austeridade e eficiencia millorando o mantemento da actual instalación denantes de gastar cartos nunha nova, que vai funcionar medio ano, só para alonxala dos narices dos turistas. No Parque Nacional das Illas Atlánticas, a figura de máxima potección ambiental galega, lévanse investidos máis cartos en infraestruturas e obras que en conservación e educación ambiental.

A actual depuradora de Ons inaugurada en 2008 pola empresa Soluciones Medioambientales (SMA), é un modelo compacto STP-25 que depura un caudal de 62 m3/día e ten capacidade para unha poboación de 250 habitantes (ou equivalentes/día). O seu funcionamento basease nunha aireación prolongada, recirculación de lamas activas e desinfección por ozonización. Teoricamente non produce lamas nin malos cheiros e a auga resultante posúe unhas características fisicoquímicas e biolóxicas adecuadas para ser vertida no mar, para o regadío de espazos axardinados ou mesmo para a loita contra incendios forestais.

Acontece que un deficiente mantemento por parte da concesiuonaria e a falla dun subministrio eléctrico constante na illa provoca fallos de funcionamento que dan lugar a verteduras e cheiros. Como tantas outras veces, a solución que popoñen as administracións é... facer unha nova!

A zona onde se pretende reubicar a depuradora Ons é unha zona de costa totalmente natural ao sur da praia de Area dos Cans e próxima ao enclave patrimonial da Laxe do Crego, polo que a instalación de tubarias e demais elementos da EDAR causaría un impacto paisaxístico grave. As eventuais verteduras que poidan acontecer (xa que ningunha depuradora é efectiva ao 100% e menos non caso de Ons onde o subministro de corrente eléctrica non é continuo) poden causar alteracións ecolóxicas serias nesta zona intermareal.

O argumento de alonxar a depuradora da zona turística que esgrime a administración é totalmente miope xa que estamos a falar dun Parque Nacional marítimo terrestre onde a única zona recomendábel para a instalación dunha infraestrutura deste tipo co mínimo impacto sería entorno xa humanizado do barrio de Curro e Peirao, precisamente onde se atopa a depuradora actual e non nun treito de costa virxe. Por iso, de existir problemas de malos cheiros, mal funcionamento, pouca capacidade, bombeos deficientes, etc. o lóxico sería arranxar os problemas da actual EDAR onde está e non trasladar o problema a outra zona mais natural, onde ademáis non hai garantías de que  as fallas  non volten a repetirse.

Os representantes ecoloxistas no Padroado do Parque nacional esiximos á administración que dé exemplo de austeridade e eficiencia millorando o mantemento da actual instalación denantes de gastar cartos nunha nova, que só vai funcionar medio ano, só para alonxala dos narices dos turistas. No Parque Nacional das Illas Atlánticas, a figura de máxima potección ambiental galega, lévanse investidos nos últimos anos máis cartos en infraestruturas e obras que en conservación

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com