Éxito da participación galega na iniciativa "Montañas en Rede 2010" Imprimir
Envia Éxito da participación galega na iniciativa "Montañas en Rede 2010" a FaceBookEnvia Éxito da participación galega na iniciativa "Montañas en Rede 2010" a Twitter
2 de xullo de 2010. De novo este 2010, a iniciativa estatal "Montañas en Rede" para reclamar a protección das montañas, acadou coma sempre, unha ampla participación galega (32 ascensións). Como novidade, este ano convocouse un concurso fotográfico entre os/as participantes. Tratábase de premiar ás fotos que reflectiran o espírito da campaña, que desta volta tiña por lema "AS MONTAÑAS SI IMPORTAN". A fotografía gañadora "tres xeracións e un desexo común" corresponde ao noso compañeiro Xan Vilaboa, de ADEGA-Vigo. Os compañeiros/as de ADEGA-Coruña (contra a desfeita ambiental da ampliación de Alvedro); de ADEGA-Compostela e do Barbanza foron tamén premiados/as. Noraboa a todos e todas!

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com