Incendios agochados pola censura e alimentados pola incompetencia Imprimir
Envia Incendios agochados pola censura e alimentados pola incompetencia a FaceBookEnvia Incendios agochados pola censura e alimentados pola incompetencia a Twitter

LumexuresOurense, 13 de agosto de 2010. A ocultación de información e a mentira sobre os lumes só amosa a incapacidade dos governantes para afrontar o problema. Feijóo aposta todo a? extincio?n -iso si?, con menos medios, por aquelo da austeridade- confiando como na era Fraga nos elementos e na providencia, e esquecendo a prevencio?n. A supresio?n dos grupos de Voluntariado en Defensa do Monte, factor chave de concienciacio?n e disuasio?n, agrava a sensacio?n de impunidade e estende o desleixo da poboacio?n cara o andazo dos lumes. Precisamente o Sr. Feijo?o acaba de reclamar a colaboracio?n da sociedade galega contra o lume: niso precisamente consisti?a o voluntariado que tan cedo encargouse de desmontar. Finalmente, dende ADEGA queremos expresar a nosa dor pola morte de Xulio e Rodrigo, solidarizándonos coas su?as familias. LUMES, NUNCA MA?IS !!!

Esta actitude escurantista da Xunta está a causar tamén preocupación e inquietude nos habitantes do rural. Numerosas persoas que viven nos entornos queimados, particularmente en Ourense, amosaron a ADEGA o seu enfado coas actuacións emprendidas polo governo do Sr. Núñez Feijóo. Segundo o Presidente da Xunta a ocultación de información sobre os lumes forestais xustifícase para evitar un “efecto chamada” sobre os incendiarios, coma se os habitantes do medio rural prenderan lume para engordar conscientemente as estatísticas ou figurar nos media cando estes informan sobre o número de focos ou as hectáreas. A isto hai que engadir a manipulación das cifras e a mentira sistemática sobre a extensión e afección dos recentes lumes, como os acontecidos no Parque Natural do Xurés ou o LIC dos Canóns do Sil.

No incendio do día 8 de agosto en Lobios foron calcinadas perto de 200 ha. de bosque e monte baixo de altísimo valor ecolóxico, parte del integrante do espazo protexido do Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés, recentemente declarada Reserva da Biosfera, e causando importantes danos en bens materiais e persoais das parroquias de Riocaldo e Lobios. Fronte ás 20 ha. de superficie que declarou a administración autonómica a última hora do domingo, o propio Presidente da Xunta falou de 60 ha. en comparecencia de prensa dous días despois. A realidade supera as mentiras dos nosos governantes xa que a superficie arrasada foi moito maior, falando o propio Ministerio de Medio Ambiente Rural e Mariño, tamén na mañá do martes 9, cando o incendio aínda non estaba totalmente extinguido, dun mínimo de 170 ha.

Outro espazo protexido foi arrasado nos días 11 e 12 de agosto no territorio dos Canóns do Sil. Un dantesco incendio calcinou máis de 400 ha. (a Xunta só recoñece 200 ha.) Semella que a Xunta, ao facer medicións sobre plano, esquece que os terreos afectados da Ribeira Sacra teñen pendientes superiores ao 30%, en especial dentro dos Canóns do Sil. Esquecemento casual, incompetencia manifesta ou máis ben manipulación descarada? Esta catastrofe vén a engadirse ao holocausto que Iberdrola, coa connivencia da Xunta e o Ministerio de Medio Ambiente está a perpetrar no Sil.

DÉFICIT NA PREVENCIÓN E SUPRESIÓN DO VOLUNTARIADO

A veciñanza afectada de Lobios teno ben claro: a utilización de maquinaria pesada para abrir cortalumes debería ser tido feita no inverno e na primavera cando así llo requiriron aos responsábeis do Parque do Xurés, para que fixeran tarefas de desbroces de pistas e nos perímetros das aldeas. A resposta foi que non dispuñan de medios materiais e humanos polas medidas de recortes orzamentario e austeridade da Xunta.

Síguese apostanto todo á extinción -iso sí, con menos medios, por aquelo da austeridade- confiando como na era Fraga nunha meteoroloxía propicia, e esquecendo a prevención. No que non parece ser tan austero Feijóo e na utilización da censura e a manipulación descarada dos datos: todo polo ben dos inconscientes hanbitantes do “medio rural”, ao millor estilo dos déspotas escasamente ilustrados.

Por outra banda, a supresión dos grupos de Voluntariado en Defensa do Monte, importantísimo elemento de concienciación e disuasión, perpetrada polos actuais responsábeis de Medio Rural provoca unha sensación de impunidade e estende o desleixo da poboación cara o andazo dos lumes. Precisamente o Sr. Feijóo acaba de reclamar a colaboración e implicación da sociedade galega contra o lume: iso precisamente é no consistía o voluntariado que tan cedo encargouse de desmontar.

Finalmente, dende ADEGA queremos expresar a nosa dor pola morte de Xulio e Rodrigo, e solidarizámonos coas súas familias. LUMES, NUNCA MÁIS !!!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com