Adega
INICIO Delegacións Lugo
Lugo
ADEGA convídate a percorrer este domingo a montaña de Becerreá (Os Ancares) PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA convídate a percorrer este domingo a montaña de Becerreá (Os Ancares) a FaceBookEnvia ADEGA convídate a percorrer este domingo a montaña de Becerreá (Os Ancares) a Twitter

souto carballalLugo, 23 de abril de 2013. O vindeiro domingo, 28 de abril, ADEGA realiza un roteiro pola montaña lucense de Becerreá, ás portas dos Ancares, dentro do programa de roteiros da Galiza Máxica 2012-2013. O percorrido será duns 18 quilómetros aproximadamente e discorrerá desde a aldea de Quintá de Cancelada ata a aldea de Cabana, pasando por varios pobos, fragas, soutos, vales, e ríos. Acompañaranos na nosa marcha o río Donsel. Para reservar praza é preciso chamar antes ao 982240299 ou 679113718. Descarga o pdfCARTAZ.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Sancionan ao Concello de Lugo por permitir fugas de auga do río Rato denuciadas por ADEGA PDF Imprimir Correo-e
Envia Sancionan ao Concello de Lugo por permitir fugas de auga do río Rato denuciadas por ADEGA a FaceBookEnvia Sancionan ao Concello de Lugo por permitir fugas de auga do río Rato denuciadas por ADEGA a Twitter

Rato arquetaLugo, 27 de marzo de 2013. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a raíz dunha denuncia de ADEGA de 2011, vén de acordar unha sanción contra o Concello de Lugo por ter en mal estado unha antiga arqueta de saneamento na mesma canle do río Rato, que se atopa á altura da rúa Pedáneo Xoán Diego, no barrio de Albeiros. Por ela estase a filtrar grande parte da auga do río Rato que, posteriormente, vai parar ao colector xeral de augas fecais procedentes dos polígonos do Ceao e das Gándaras. Alén desta deficiencia, a Confederación observou tamén o mal estado doutras tubaxes e colectores polos que o río perde auga e que, nos meses de verán sobre todo, deixan practicamente seco o efluente.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Roteiro de Augas Mestas a Doade, pola Ribeira Sacra PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro de Augas Mestas a Doade, pola Ribeira Sacra a FaceBookEnvia Roteiro de Augas Mestas a Doade, pola Ribeira Sacra a Twitter

Ribeira sacra copiaLugo, a 17 de marzo de 2013.- Hoxe percorreremos a parte máis espectacular da ruta “Augas Mestas - Doade”, lugar de singulares lendas, a carón do río Sil polas ladeiras da Ribeira Sacra. Acompañaranos na andaina a Asociación "O Colado do Vento" de Sober, que moi amablemente se ofreceu para guiarnos. A ruta será de 20 km e de dificultade baixa. Este roteiro forma parte do ciclo de roteiros de ADEGA-Lugo 2012-2013 pola Galiza Máxica.  Colabora a asociación “O Colado do Vento” de Sober. Para obter máis información, descarga o pdfCARTAZ.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A xuízo por unha canteira ilegal en Rede Natura que forneceu de pedra á residencia de Fraga e á Cidade da Cultura PDF Imprimir Correo-e
Envia A xuízo por unha canteira ilegal en Rede Natura que forneceu de pedra á residencia de Fraga e á Cidade da Cultura a FaceBookEnvia A xuízo por unha canteira ilegal en Rede Natura que forneceu de pedra á residencia de Fraga e á Cidade da Cultura a Twitter
ObrasCDC20 de marzo de 2013. Este mércores xúlgase en Lugo aos responsábeis da empresa "Piedra Natural de Muras SL" por promover a canteira "Angelita II" e ocupar a Rede Natura do Xistral. Trala denuncia de ADEGA en 2007, a Fiscalía imputou a dous responsábeis da empresa un delicto contra os recursos naturais e o ambiente, pedindo 5 anos de prisión para cada un e multa de 13.500€. Alén da desfeita no patrimonio natural, este caso exemplifica o escandaloso favoritismo e a conivencia dunha administración (o PP de Fraga) cos infratores: Non só recurtou a Rede Natura do Xistral á medida para acoller esta canteira, fixo a vista gorda cando excedeu dos límites autorizados e ocupou solo protexido, senón que a agasallou con contratos para subministrar pedra á residencia presidencial e á Cidade da Cultura. No banco dos acusados, non están todos os que son...
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA pide que se elimine a Ronda Oeste da planificación viaria de Lugo por innecesaria, cara e impactante PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA pide que se elimine a Ronda Oeste da planificación viaria de Lugo por innecesaria, cara e impactante a FaceBookEnvia ADEGA pide que se elimine a Ronda Oeste da planificación viaria de Lugo por innecesaria, cara e impactante a Twitter

mapa rede viariaLugo, 18 de febreiro de 2013. A Xunta, através da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de facer público o documento de inicio do Plano Sectorial da Rede Viaria de Lugo e a súa influencia, para a recollida de achegas por parte da sociedade. ADEGA diríxese á consellería para destacar a necesidade da avaliación da alternativa cero do planeamento, así como para sinalar a innecesaria construción da Ronda Oexte exterior, ou da extensión da Ronda Leste, entre outras vías. ADEGA considera pouco reais e sostíbeis as previsións deste documento. En plena crise, imos seguir desbaldindo cartos públicos en infraestruturas duplicadas, caras e ihnecesarias?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 26
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA