Roteiro de Augas Mestas a Doade, pola Ribeira Sacra Imprimir
Envia Roteiro de Augas Mestas a Doade, pola Ribeira Sacra a FaceBookEnvia Roteiro de Augas Mestas a Doade, pola Ribeira Sacra a Twitter

Ribeira sacra copiaLugo, a 17 de marzo de 2013.- Hoxe percorreremos a parte máis espectacular da ruta “Augas Mestas - Doade”, lugar de singulares lendas, a carón do río Sil polas ladeiras da Ribeira Sacra. Acompañaranos na andaina a Asociación "O Colado do Vento" de Sober, que moi amablemente se ofreceu para guiarnos. A ruta será de 20 km e de dificultade baixa. Este roteiro forma parte do ciclo de roteiros de ADEGA-Lugo 2012-2013 pola Galiza Máxica.  Colabora a asociación “O Colado do Vento” de Sober. Para obter máis información, descarga o pdfCARTAZ.

 

PERCORRIDO

Comezaremos o roteiro en Vilachá e, tras un descenso, pasaremos pola aldea de Barxa, dende onde teremos unha fermosa panorámica do meandro da Cubela no río Sil. Continuaremos camiño polas aldeas de Froxende e Vilar de Mouros. Posteriormente visitaremos o muíño de López, situado en Lampaza. Tamén pasaremos por O Colado e os Palleiros. Seguimos ruta ata toparnos coas fontes de Xermunde, chamadas fontes de ouro. Este nome alude á lenda dunha muller enfeitizada que agarda que alguén lle desfaga o feitizo, prometendo gratificalo cunha fortuna en ouro. Chegaremos ao miradoiro da Pena do Castelo, onde se atopan vestixios dun castro, así como a capela de San Amaro. Atravesando o souto de Valguaire remataremos a ruta en Doade. Para finalizar o día está prevista unha cata de viño na adega Algueira.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com