Amplíase o prazo para participar na II edición dos Concursos polo Territorio de ADEGA Imprimir
Envia Amplíase o prazo para participar na II edición dos Concursos polo Territorio de ADEGA a FaceBookEnvia Amplíase o prazo para participar na II edición dos Concursos polo Territorio de ADEGA a Twitter

concursosT2Lugo, 19 de setembro de 2012.  Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, cuxo lanzamento tivo lugar o 16 de abril do pasado ano en Santiago de Compostela,  ADEGA convoca unha nova edición dos concursos de fotografías e de relatos co gallo de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Ademais lanza unha primeira edición dun concurso de curtametraxes. Até o 1 de novembro haberá prazo para presentar obras aos concursos de fotografía, relato e curtametraxes polo Territorio, patrocinados pola Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo.

Estes concursos pretenden facer participativa á cidadanía galega na reivindicación dunha ordenación territorial sustentábel na que se freen as ansias especulativas dos poderes privados sobre o territorio en conivencia coa administración pública, e na que se propoñan alternativas máis coherentes coa defensa ambiental, coa cohesión social e coa posta en valor do noso patrimonio cultural.

II Concurso “FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO”

As fotografías deberan ter como obxecto mostrar os efectos de actividades humanas que supoñen unha agresión ao noso país xa sexa contra o patrimonio, a cultura, a paisaxe ou a identidade territorial. Tamén se poden enviar fotografías que amosen exemplos de posta en valor do territorio. Cada participante poderá presentar como máximo un total de 4 fotografías cos seus datos persoais e a localización xeográfica das imaxes, que poderán ser enviadas á organización ecoloxista a través do e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Establécense dúas categorías de participación: a xuvenil, ata os 16 anos, e a de adultos/as, para maiores de 16 anos. O prazo para presentar as fotografías remata o día 1 de Novembro do 2012.

 II Concurso “O LUGAR ONDE VIVO”

Os relatos curtos poderán ser historias fantásticas, feitos reais ou experiencias propias sempre e cando o eixe do relato xire arredor das visións que a poboación galega ten sobre o lugar no que vive; como é, como foi, como quixeramos que fose, a importancia da súa conservación, as agresións sufridas polo mesmo, etc. Cada participante poderá presentar un máximo de 2 relatos inéditos en lingua galega, que terá que enviar por correo postal ao enderezo de ADEGA Lugo: Avenida Fontiñas, 180 Entrechán, 27002 Lugo.

Para esta convocatoria tamén se establecen as categorías xuvenil e a adulto/a e o prazo límite de presentación das obras remata o día 1 de Novembro de 2012.

I Concurso de curtametraxes “E TÍ QUÉ É O QUE VES?”

As curtametraxes de ficción, documentais ou animación deberán dar mostra de exemplos de posta en valor da nosa cultura e territorio e/ou denunciar aquelas actuacións que agreden os mesmos. Cada participante poderá presentar un máximo de 4 creacións audiovisuais, que terá que enviar, en formato DVD, por correo postal ao enderezo de ADEGA Lugo.

Establécese unha única categoría para este concurso e o prazo límite de presentación dos traballos remata o día 1 de Novembro de 2012.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com