O Foro do Camiño Primitivo denuncia unha nova desfeita na vía histórica ao seu paso por Fonsagrada Imprimir
Envia O Foro do Camiño Primitivo denuncia unha nova desfeita na vía histórica ao seu paso por Fonsagrada a FaceBookEnvia O Foro do Camiño Primitivo denuncia unha nova desfeita na vía histórica ao seu paso por Fonsagrada a Twitter

forno fonsagradaLugo, a 13 de xullo de 2012. Desde o Foro do Camiño Primitivo, plataforma constituída hai dous anos e da que forma parte ADEGA e outras 26 asociacións e personalidades significadas polo seu compromiso no estudo, recuperación, defensa e promoción da primeira vía de peregrinación a Compostela,  denunciamos un novo atropelo contra o patrimonio asociado á vía histórica. Manifestamos o noso pesar e indignación pola recente destrución do coñecido como FORNO DE VALERIANO, situado no lugar máis emblemático do Camiño Primitivo na vila de Fonsagrada, fronte a "Fonte Sacra". A día de hoxe non queda ningún vestixio deste elemento único na vía primitiva. O Foro pide responsabilidades e amosa a súa indignación ante estas agresións, sobre todo, cando se está a tramitar a declaración de Patrimonio Mundial do Camiño Primitivo.

forno fonsag modif.Recentemente tirouse co Forno de Valeriano do que hoxe xa non queda nada, tal e como se observa na imaxe que se acompaña. Dito forno tradicional estaba asentado ollando á Fonte Sagrada e á igrexa de Santa María, sobre a calzada do camiño xacobeo, antiga verea empedrada coñecida como A Caella ou Caella de Valeriano, tratábase dun elemento etnográfico de carácter comunitario longamente utilizado polos buroneses desde tempos remotos, formando parte integrante dun pintoresco conxunto etnográfico e arquitectónico esencial para a rota xacobea no seu acceso ao núcleo urbano para cumprir co ritual da auga. O Forno de Valeriano mantiña unha estreita relación co Forno de Pasarín, no que o escritor galego Rafael Dieste e a súa equipa das Misións Pedagóxicas coceron pezas de cerámica durante a súa estadía na Fonsagrada coincidindo cunha grande nevarada, tal e como cita o autor nas súas memorias.

O Foro do Camiño Primitivo esixe responsabilidades aos autores desta desfeita por acción ou omisión, á vez que solicita que se fagan públicos os permisos e informes oficiais que autorizaron este grave atentado ao patrimonio cultural, no caso de existiren.

Pintura Forno baixa modifAsí mesmo, o Foro do Camiño considera dunha gravidade extrema a pervivencia destes atentados, tanto máis no momento en que se está a tramitar a declaración de Patrimonio Mundial para a vía primitiva de Santiago por parte de UNESCO. Estes feitos quizais non se terían producido de non ser polo desleixo e neglixencia da Administración galega nos trámites para a aprobación da delimitación oficial do itinerario máis antigo á capital galega e do seu territorio histórico; unha indiferenza administrativa que o Foro xa ten denunciado en varias ocasións e que se poñen de relevo con feitos como a destrución do Forno de Valeriano.

A partires de agora só poderemos contemplar este forno, patrimonio asociado do Camiño Primitivo, a través da ollada dalgúns artistas, como Marisa Naveiras, cuxo cadro está exposto no museo da Fonsagrada. 

COMPOÑENTES DO FORO DO CAMIÑO:

Asociación de Amigos do Camiño Primitivo de Santiago, Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, Asociación de Amigos del Camino de Santiago Astur-Galaico del Interior, Asociación do Camiño Primitivo da Fonsagrada, Viandantes polo Camiño Primitivo, Asociación Lugo-Patrimonio, Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, Museo Comarcal da Fonsagrada, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, delegación en Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia, Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas “Os Lobos”, Asociación de Hosteleiros de As Fontiñas, GDR4 Terras de Lugo, Plataforma en Defensa do Alto Ulla, Metátese Teatro, Asociación na Defensa do Parque Rosalía de Castro, Asociación de Veciños da Piringalla, Asociación Cultural Terras de Melide, Club Cultural Valle-Inclán, Asociación Cultural Espalladoira, Museo Terra de Melide, Asociación Cova da Serpe de Friol, Asociación Cultural “A Toca” de Toques, Asociación de Veciños de San Romao da Retorta, Asociación de Veciños “Porta de Lugo”, Parroquia de Santiago de Castelo,Asociación de Veciños “Fonte do Udreiro” de Romeán.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com