ALCOA: consumir máis recursos naturais implica maior responsabilidade ambiental Imprimir
Envia ALCOA: consumir máis recursos naturais implica maior responsabilidade ambiental a FaceBookEnvia ALCOA: consumir máis recursos naturais implica maior responsabilidade ambiental a Twitter

alcoabalsa29 de xuño de 2012. ADEGA-Lugo vén de facer público un informe que compara o consumo enerxético da fatoría de ALCOA-San Cibrao cos consumos de diversos sectores socioeconómicos galegos. Os datos amosan a enorme pegada enerxética dunha instalación e un proceso, a electrólise do aluminio, moi intensivo no consumo de electricidade. Unha industria que por si soa consome tanta electricidade como o 74% dos fogares galegos contrae unha débeda ecolóxica proporcional coa sociedade, vistas as consecuencias que a obtención desta enerxía ten no ambiente. Porén, e fronte aos crecentes esforzos que se esixen á cidadanía (suba de impostos, encarecemento dos servizos, perda de dereitos...) as pretensións de ALCOA de obter a luz máis barata baixo a ameaza de peche e "deslocalización" semellan case obscenas. Como é que logo de 32 anos, ALCOA-San Cibrao non puxo en marcha ningún sistema de autoconsumo enerxético (solar, eólico, maremotriz, biomasa...) para reducir a súa fatura eléctrica? pdfAnálise comparativa ALCOA

Neste contexto de crise, os esforzos que se lle piden á cidadanía non van parellos cos que deben afrontar os bancos e as grandes corporacións transnacionais. Para uns, todo son recurtes (sociais, de dereitos, etc.) e subas (de impostos, no custo dos servizos e produtos básicos...), mentres que para outros hai barra libre de cartos (rescates, recapitalizacións, privatización de servizos públicos...). Polo que atinxe á enerxía a situación é similar: á sociedade pídeselle que consuma menos, sexa máis eficiente e pague máis pola electricidade (xa se encareceu un 70% dende 2006). Mentres, as corporacións transnacionais como ALCOA, cuxa pegada enerxética só da súa fatoría de San CIbrao equivale á das 3/4 partes de toda a poboación galega, esixen unha rebaixa eléctrica para non marchar a outros paises.

consumoalDende ADEGA preguntámonos como é que unha empresa tan fortemente dependente da electricidade (a electrólise do aluminio é un proceso moi intensivo e moi pouco eficiente no gasto de enerxía) non se preocupou en 30 anos por reducir o seu consumo, por exemplo millorando o proceso (ánodos inertes, cátodos humectábeis, electrodos verticais, electrólise de baixa temperatura, tecnoloxía de redución por caolinita, etc.), ou subministránsose con fontes propias (solar, eólica, maremotriz, biomasa...)

Agora, a empresa ameaza con pechar (e levar o seu negocio a terceiros países, coa enerxía máis barata e menores restricións ambientais) se non se lle dá o que pide: unha electricidade a menor prezo, para poder rebaixar os custos e poder manter o seu actual nível de beneficios. Mais cais foron estes beneficios nos seus 32 anos de actividade é algo que moi poucos coñecen. O que si sabemos é o que supón a enorme débeda ecolóxica contraída coa sociedade galega: emisións de GEIs (a térmica de As Pontes producíu electricidade case en exclusiva para ALCOA queimando lignito), lodos tóxicos (15 millóns de m3) e verteduras de flúor.

Como na fábula, agora a cigarra quere marchar coa música a outra parte se non lle dan o que pide. Dende ADEGA cuestionamos este modelo empresarial que privatiza os beneficios e socializa os custos (económicos e ambientais) e que ademais pretende usar os postos de traballo como escudos humanos se non se atenden as súas esixencias. Como é posíbel que sindicatos e administracións sigan sendo cómplices destas prácticas?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com