ADEGA esixe a Patrimonio que protexa a necrópole de Castro Valente ameazada polo trazado da A-54 Imprimir
Envia ADEGA esixe a Patrimonio que protexa a necrópole de Castro Valente ameazada polo trazado da A-54 a FaceBookEnvia ADEGA esixe a Patrimonio que protexa a necrópole de Castro Valente ameazada polo trazado da A-54 a Twitter
necrópole lugo 2Lugo, 11 de xuño de 2013. ADEGA vén de solicitar ao Servizo e á Dirección Xeral de Patrimonio que non se pregue aos intereses de Fomento e da empresa construtora e que, conforme a lei, adoite todas as medidas necesarias para que a autovía A-54 (Santiago-Lugo) non atravese o xacemento de Coeses nin destrúa a necrópole de inhumación. ADEGA insta á Xunta a que obrigue ao Ministerio de Fomento a afastar a autovía deste importante ben patrimonial. O contrario sería ser cómplice da destrución dun xacemento único, patrimonio de todos e todas, que ficaría destruído a maior gloria do desbaldimento de cartos públicos noutra infraestrutura cara e inútil.
  pdfInforme COESES.

necrópole LugoADEGA entende que o que ocorre no xacemento de Castro Valente débese ás deficiencias no inventariado de Xacementos Arqueolóxicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Provincia de Lugo, cuxa responsabilidade corresponde a ese Servizo Provincial; e sobre todo ao nefasto estudo medioambiental por parte da empresa que realizou o trazado da autovía, quen non detectou un xacemento sobradamente coñecido e perfectamente visíbelna través de imaxes aéreas.

Dende ADEGA, ademais desta esixencia a Patrimonio, sumámonos ás iniciativas dos colectivos LugoPatrimonio, Cultura do País e MariñaPatrimonio encamiñadas a salvar este importante conxunto arqueolóxico e aproveitamos para facer un chamado a outros colectivos interesados na defensa do patrimonio de Galiza para que se sumen e colaboren con estas e/ ou outras iniciativas.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com