Ferrol 22.6.2012. Praza do Himno Galego. Primeira concentración de repulsa po-la entrada "ilegal" dun gaseiro cargado con gas natural licuado cara á pranta de regasificación de Mugardos tra-la sentenza do Tribunal Supremo en contra da construcción da Pranta de Gas. Membros do Comité Cidadán Emerxencias para a Ria de Ferrol, membros da Asemblea Cidadá (...ADEGA, e outros colectivos..) e cidadanía en xeral, participamos en unha nova concentración-protesta contra a entrada ilegal de gaseiros á "ilegal" planta de regasificación de Reganosa. Actualmente as concentracións estanse a facer de modo itinerante en diversos puntos da comarca.
Informacion adicional: http://cociudem.wordpress.com/ |
|
27 de xuño de 2012. Logo de ter denunciado diante da Fiscalía e da Comisión Europea as irregularidades cometidas pola Xunta e o Ministerio no dragado da ría de Ferrol, o Valedor do Pobo vén de achegar a ADEGA unha información chave que demostra até onde chega a chafallada administrativa neste asunto. O Valedor destapa un informe técnico do Servizo de Conservación da Natureza (2,87 MB) reiteradamente ocultado pola Xunta, que considera o dragado "ambientalmente incompatible coa conservación dos hábitats e especies presentes", nunha área (LIC Costa Ártabra) parte da Rede Natura 2000. Primeiro, Xunta e Portos aproban un proxecto sen os informes preceitivos. Logo de comezadas as obras a Xunta cociña unha autorización ambiental para "salvar a cara" baseada nun suposto informe técnico, documento que non figura no expediente. E finalmente, coas obras xa rematadas aparece o devandito informe que, curiosamente, recomendaba a non execución da obra polos seus impactos sobre hábitats e especies en perigo de extinción.

|
Ler máis...
|
11 de xuño de 2012. Hai uns días, o Tribunal Supremo declarou nula a modificación puntual do PXOM de Mugardos (ratificando outra anterior do TSXG) que permitíu a instalación de REGANOSA no corazón da ría de Ferrol por carecer da Declaración de Impacto Ambiental (DIA). Tamén recentemente, este mesmo tribunal fallou contra a declaración de supramunicipalidade da fatoría de ENCE, na ría de Pontevedra, deslexitimando de paso a Autorización Ambiental Integrada concedida no seu momento pola Xunta. E como non hai dous sen tres, o mesmo TS ratificou hai xa 3 anos a ilegalidade dos depósitos de hidrocarburos do Ferrazo, que FINSA-FORESA instalou na ría de Arousa. Como é posíbel que tras reiterados fallos xudiciais estas instalacións perigosas, contaminantes e ilegais poidan seguir funcionando impunemente? E como é posíbel que a Xunta evite respectar estes fallos e preocúpese máis de facerlle o xogo aos contaminadores para que poidan seguir ameazando as nosas rías e a nosa saúde?
|
Ler máis...
|
Ferrol 17.6.2012. Nova edición do Mercadiño do Troco. Colaboramos diversos colectivos (ADEGA, Cooperativa Xoaninha , SGHN, Verdegaia, Unións Libertarias, Masa Critica etc.) e particulares. http://trocaferrol.org. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán trocar deixar ou levar obxetos sen uso de diñeiro, para promover un consumo máis sustentable. Nesta ocasión, además de levar diverso material, entre outro de Adega, levouse material referente á Eurocopa 2012
|
Betanzos 8.6.2012. En relación có Dia Mundial do Medioambiente, organizada palestra , actuando , entre outros,como relator, Nés Lopes ,presidente de ADEGA-Ferrol, que falou sobre a problemática do lume nas Fragas do Eume.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 9 de 35 |