Adega
INICIO Delegacións Ferrolterra

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Trasancos
Mercadiño do Troco en Ferrol 20.6.2010 PDF Imprimir Correo-e
Envia Mercadiño do Troco en Ferrol 20.6.2010 a FaceBookEnvia Mercadiño do Troco en Ferrol 20.6.2010 a Twitter

mercadio_troco_Ferrol_xente_cambiando.2010Domingo 20 de xuño, Mercadiño de Troco en Ferrol. Celébrase na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco entre as 10:30 h-13:30 h. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos nas mesas habilitadas para troco ou cesión. Colaboran diversos colectivos (Unións Libertarias, Verdegaia, ADEGA, SGHN, Cooperativa Xoaninha,Asociacions Vecinais, Masa Critica etc.) e particulares. Información adicional:   http://trocaferrol.org.

Para evitar os intermediarios (ben sexan outras persoas ou moedas) cada participante negociará coas outras o troco de obxectos, a cesión ou aquelo que considere máis axeitado. Aquelas persoas que non vaian a estar permanentemente no mercadiño poderán deixar un teléfono de contacto ou hora para que as poidan atopar. Ao remate do mercadiño cada participante deberá recoller os obxectos que non fosen trocados ou cedidos, responsabilizándose dos mesmos.

Trocaránse: -Libros -Menaxe de cociña -Artesanía -Audiovisuais -Xogos e xoguetes -Roupa -Aquelas cousas que podan ser de interese para outras persoas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Xornada de limpeza do litoral en Ponzos (Ferrol) . PDF Imprimir Correo-e
Envia Xornada de limpeza do litoral en Ponzos (Ferrol) . a FaceBookEnvia Xornada de limpeza do litoral en Ponzos (Ferrol) . a Twitter

Limpeza_Ponzos.2010Ferrol 12  xuño 2010.  Praia de Ponzos(Ferrol). Organizado po-lo Club de Surf ABST Cobas , Concello de Ferrol, AA. VV. Santa Comba e coa colaboración da cidadanía en xeral e outros colectivos (entre outros ADEGA). Na mañán do 12 fíxose a actividade de limpeza da praia de Ponzos en Ferrol con importante participación de xente, coa presenza do Concelleiro de Medioambiente de Ferrol, con xente que xa colaborou nas limpezas do Prestige nesta zona e cun importante éxito no referente á participación e á cantidade de lixo retirado.  Informacion adicional:  http://abstcobas.blogspot.com/

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Festival musical "Tod@s paramos o Galicia Spirit" en solidariedade cos mariscadores procesados PDF Imprimir Correo-e
Envia Festival musical "Tod@s paramos o Galicia Spirit" en solidariedade cos mariscadores procesados a FaceBookEnvia Festival musical "Tod@s paramos o Galicia Spirit" en solidariedade cos mariscadores procesados a Twitter

Festival_Contra_Pranta_de_gas.xuo.2010Ferrol, 4 de xuño de 2010. Festival musical: “TOD@S PARAMOS O GALICIA SPIRIT Ás 18 h na Praza Vella de Ferrol, organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (CCE) e os colectivos que o apoiamos e integramos (entre eles ADEGA). Trátase de celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente e amosar a nosa solidariedade cos 60 mariscadores procesados por deter no 2007, en defensa das nosas vidas e da nosa Ría, o gaseiro “Galicia Spirit” destinado a REGANOSA. Previamente, este pasado día 1, membros de ADEGA e do CCE autoinculpámonos diante da Fiscalía polos delictos polos que foron proccesados os 60 mariscadores da confraría de Ferrol.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Semana do Medioambiente. Xornadas de Medio Acuatico organizadas pola SGHN PDF Imprimir Correo-e
Envia Semana do Medioambiente. Xornadas de Medio Acuatico organizadas pola SGHN a FaceBookEnvia Semana do Medioambiente. Xornadas de Medio Acuatico organizadas pola SGHN a Twitter

Xornadas_medio_acu_tico_SGHN.FerrolFerrol 31 maio a 4 xuño 2010. Semana do Medioambiente. Xornadas sobre Medio Acuático organizadas pola Sociedade Galega de Historia Natural. Estase a celebrar no Ateneo de Ferrol e organizada po-los nosos compañeiros das SGHN. Entrada de balde.

- 31/05/2010:MARISQUEO E PESCA, A CONTAMINACIÓN MARIÑA”C. Brezmes e S. Táboas
- 1/06/2010:“BIODIVERSIDADE E POTENCIALIDADE MARISQUEIRA DA RÍA DE FERROL” V. Urgorri e JL Ferreiro
-2/06/2010:“A CONSERVACIÓN DOS RÍOS: AMEAZAS Á SUA BIODIVERSIDADE” F.Cobo
-3/06/2010:“PRAIAS, SISTEMAS DUNARES E LAGOAS COSTEIRAS” X.Prieto e X. R.Silvar
-4/06/2010:“BIOLOXÍA EVOLUTIVA DOS CETÁCEOS, RECUPERACIÓN DE LOBOS MARIÑOS E TARTARUGAS” J.I.Díaz da Silva e I. Miján
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Autoinculpación diante da Fiscalía polo bloqueo de entrada "ilegal" de gaseiros na Ría de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Envia Autoinculpación diante da Fiscalía polo bloqueo de entrada "ilegal" de gaseiros na Ría de Ferrol a FaceBookEnvia Autoinculpación diante da Fiscalía polo bloqueo de entrada "ilegal" de gaseiros na Ría de Ferrol a Twitter

Autoinculpacin_Pranta_de_Gas.2010Ferrol, 1 de xuño 2010. Membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, da Asemblea Cidadá e dos colectivos que o compoñen, entre outros ADEGA, acudimos aos xulgados de Ferrol para presentar un escrito de autoinculpación dirixido á Fiscalia, diante do proceso aberto contra 60 mariscadores da Confraria de Ferrol polo feitos acaecidos en maio de 2007, cando foi impedida a entrada na nosa Ría do buque gaseiro "Galicia Spirit" cargado con GNL para subministro da planta de REGANOSA. Unha acción decidida polo CCE e na que participaron representantes dos diferentes colectivos que forman parte do CCE e da Asemblea Cidadá. Os asinantes do documento estivemos acompañados por unha representación dos mariscadores da Confraría de Ferrol imputados polos feitos. Lembrouse que a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría, a pesares das sentenzas de ilegalidade dictaminadas polo TSXG, constitúe a raíz do problema.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 Seguinte > Final >>

Páxina 32 de 35

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA