10 de abril de 2013. Tras a análise da declaración de impacto ambiental (DIA) deste proxecto, publicada no BOE este pasado sábado 6 de abril, e apesar das modificacións cosméticas esixidas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, ADEGA ve neste documento a sentencia de morte tanto da enseada da Malata como do humidal de Cariño. Admítese a modificación do fluxo de auga mariña na enseada da Malata pero réstaselle importancia. Só este feito é motivo máis que de sobra para non escoller a alternativa sur do trazado, dado que unha redución do fluxo de auga (actualmente moi inferior ao orixinal debido ao peirao carboeiro) suporá o progresivo esmorecemento da enseada da Malata, ao que hai que engadir o rocambolesco túnel baixo o humidal de Cariño.
E que non había outro xeito de facer millor as cousas?
|
Ler máis...
|
|
Ferrol 23.3.2013. Incoacción e práctica de dilixencias por parte do Fiscal Xeral de Galicia en relación coas presuntas corrupcións e irregularidades coa planta de gas de Mugardos. Tra-la denuncia de membros do Comité Cidadán de Emerxencias para a Ria de Ferrol, ADEGA e AGE diante do Fiscal Xeral de Galicia a propósito da problemática da Planta de Gas de Reganosa, tal Fiscalía abre dilixencias e solicita documentación ao Concello de Mugardos, á Consellería de Medioambiente e á propia Reganosa. Na documentación da denuncia, entregado un amplo dossier informativo sobre a planta de gas , a situación de ilegalidade, reafirmada tras a sentenza do Tribunal Supremo, e na perigosidade da mesma e a ameaza que supón para a cidadanía o incumprimento de lexislación medioambiental e de seguridade, así como o grande impacto ambiental como consecuencia do uso fraudulento da auga do mar na que verten inxentes cantidades de hipoclorito sódico, etc,etc. Información adicional: http://cociudem.wordpress.com/
|
Ferrol 16 Marzo 2013 Mesa redonda “O estado do medio natural na zona de Ferrolterra”.Actuaron como relatores, entre outros: Nés Lópes , presidente ADEGA na delegación de Ferrol, Joaquim Ferreiro (Delegado da SGHN), Xan Ramirez(Pdte Club Montaña Ferrol), e Carmen L (Medioambiente concello Ferrrol). . Información adicional: http://www.edu.xunta.es/centros/eoideferrol/
http://www.edu.xunta.es/centros/eoideferrol/ |
Ferrol 7.3.2013. Membros dos colectivos opostos ao trazado do tren ao porto exterior a través da propia ría de Ferrol (colectivos entre os que está ADEGA), fixemos unha concentración-protesta diante da Autoridade Portuaria de Ferrol, contra tal proxecto de facer paso do tren ao porto exterior de Ferrol, a través da propia ría de Ferrol có impacto que supón, habiendo alternativas de menor impacto ambiental. O vicepresidente de Adega, Xandro García leu o comunicado da plataforma convocante. Foto: Miguel Anxo. Información adicional:
.http://adega.gal/info/090121joomla/novas-adega-ferrolterra/273-adega-presenta-alegacion-ao-proxecto-actual-de-tren-ao-qporto-exteriorq-de-ferrol-po-lo-seu-impacto
http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es/
|
Cabanas-Fene 23.2.2013. Denuncia e sanción por depósitos de áridos asfálticos potencialmente contaminantes xunto o río Baa. A Plataforma de defensa do río Baa integrada pola SGHN, Verdegaia, Adega, Plataforma de defensa dos camiños e Plataforma de afectados polo polígono industrial de Vilar de Colo, denunciamos en repetidas ocasións ante a fiscalía de medio ambiente e a Consellería de Medio Ambiente as irregularidades da empresa Manmer por incumprir a orde de retirada dos áridos contaminantes, segundo avalan diferentes informes, depositados en San Lourenzo, Cabanas e no porto exterior de Ferrol. Tra-la sanción da propia Consellería á empresa, os colectivos asinantes, solicitamos a total retirada dos refugallos deste entorno, restituíndo as condicións medioambientais que este ecosistema nunca deberá ver alteradas. Residuos_asfálticos.Denuncia_Adega_SGNH_Verdegaia2013.doc
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 3 de 35 |