Parlamentares europeus constatan na ría de Ferrol a grave contaminación do medio e os perigos de Reganosa Imprimir
Envia Parlamentares europeus constatan na  ría de Ferrol a grave contaminación do medio e os perigos de Reganosa a FaceBookEnvia Parlamentares europeus constatan na  ría de Ferrol a grave contaminación do medio e os perigos de Reganosa a Twitter

 Foto: D. Alexandre (D.F.)Ferrol, febreiro de 2012. Membros do Parlamento Europeo xiraron visita á ría de Ferrol e á planta de gas de Mugardos para comprobar in situ a contaminación da ría e os proxectos agresivos que nela se desenvolven. Tralas denuncias presentadas por diversos colectivos como varias confrarías e o Comité Cidadán de Emerxencia (do que fai parte ADEGA), os membros do Parlamento Europeo visitaron as rías galegas, e en concreto poideron comprobar na ría de Ferrol a grave contaminación, a ausenza de depuración e o alto nível de lodos, así como as irregularidades e perigos da planta de gas de Mugardos. En poucos meses terán elaborado un informe ao respeito pero a impresión que levaron da situación foi que as denuncias presentadas tiñan suficiente fundamento.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com